Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dispoñible na Rede un software galego para a xestión de refugallos nas empresas: TEIXO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dispoñible na Rede un software galego para a xestión de refugallos nas empresas: TEIXO

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teixo.jpgA normativa por unha banda e a propia conciencia medioambiental de cada quen van mudando, se cadra máis devagar do que sería desexable, os sistemas de control que as empresas teñen sobre os seus refugallos. A este proceso de mellora tamén contribúe a innovación informática, que pon en xogo ferramentas que automatizan procesos e fan por nós labores que doutro xeito nos obrigarían a importantes investimentos. Nesta liña sitúase precisamente a plataforma galego TEIXO, achega de software estándar para a xestión de residuos especialmente dirixida a produtoras, xestoras e transportistas deste tipo de materiais. A plataforma, que se presenta de balde cunha serie de interesantes funcionalidades para o control da xestión dos refugallos (perigosos ou non perigosos), vén da man de TEIMAS (Tecnoloxías da Información MedioAmbienaiS), firma compostelá creada hai uns dous anos e co obxectivo de ofrecer produtos informáticos ao servizo da nosa natureza e do seu coidado. Ofrécese ademais en dúas versións: en galego e castelán.
A plataforma en cuestión ten unha serie de puntos ao seu favor que probablemente acaben por convertela nunha das grandes achegas tecnolóxico-informáticas da tempada, vantaxes entre as que se conta a súa disposición na Rede ao alcance dos usuarios, onde se atopa en réxime SaaS (software como un servizo), polo que as empresas que queiran tirar partido dela só precisarán dun navegador para empregala. Con isto, informa a empresa, reduciranse de xeito drástico os custes de implantación do sistema e facilitarase a incorporación de novos contidos e funcións. A ferramenta, que ten especial valor polo escaso que se amosa o panorama TIC de sistemas de xestión de residuos, está neste intre en fase de desenvolvemento (beta). Con todo, as empresas xa poden ir rexistrando os seus datos e os dos seus contactos e clientes, co fin de localizalos no Google Maps e ir dándolle forma logo á súa carteira de procesos e refugallos, xerando pois as noticiacións de traslado e documentos de control e seguimento de residuos perigosos.
“O sistema”, engade a empresa, “está adaptado á linguaxe e3l, “estándar electrónico de intercambio de datos a nivel estatal para a comunicación da información relativa á xestión de residuos coas distintas administración tanto autonómicas coma estatais e entre as empresas participantes no proceso de produción, recolla e transporte de residuos”.
TEIMAS, que na última edición dos Premios Eganet fíxose co primeiro galardón na categoría E-emprendedores, proxecta ampliar a plataforma nunha segunda fase para cubrir tamén as necesidades doutras empresas do sector como consultoras, enxeñerías e asesorías ambientais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?