Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentado en Ferrol o proxecto TIC europeo ER-INNOVA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentado en Ferrol o proxecto TIC europeo ER-INNOVA

Raquel Noya
Publicado: 27/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxecto_TIC_erinnova.jpgRepresentantes das pequenas e medianas empresas do sector das enerxías renovables do noso país e directivos dos centros tecnolóxicos da metalurxia galega (AIMEN), veñen de encontrarse hoxe en Ferrol con persoal investigador das tres Universidades galegas, que, ao igual que os anteriores colectivos, acudiron á cidade costeira para asistir á xornada de captación de empresas para o proxecto europeo ER-INNOVA, organizada pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, a través da súa Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi).
A xornada, que tivo lugar no CIS-Galicia, tiña como principal obxectivo incrementar o número de adhesións de empresas do sector das enerxías renovables ao devandito proxecto, un proceso que xa se iniciara no pasado mes de marzo en Ourense e que terá continuidade con outra xornada de captación no vindeiro mes de xuño en O Porto.
Rosa Núñez, do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), lembroulles ás persoas asistentes a directiva da Unión Europea, “que fixa nun 20 por cento do total a enerxía consumida procedente de fontes renovables para 2020”.
Neste senso, o proxecto europeo ER-INNOVA, cuxa presentación correu da man dos partners españois, ten como obxectivo mellorar a competitividade das PEMES do sector das enerxías renovables da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC).
Este está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da UE ao amparo do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, cunha financiación total de 931.693,68 euros.
Baixo o lema A enerxía das TIC, o proxecto estase a materializar nun programa piloto de implantación de ferramentas tecnolóxicas en aproximadamente un cento de PEMES, coa intención de estenderse a continuación a todo o sector das renovables e mesmo ser obxecto de transferencia a outros ámbitos de actividade, coas adaptacións necesarias.
Unha das ferramentas é un portal web colaborador que constituirá o punto de encontro e información para a promoción da participación conxunta dos axentes do sector enerxético en proxectos de I+D+i e para o impulso dun mercado virtual de intercambio de bens e servizos entre os axentes do sector das enerxías renovables. Tal e como explicaron os socios do proxecto, o portal poñerase en marcha en breve e estará aberto non só a PEMES senón tamén a centros tecnolóxicos e universidades.
Os socios do proxecto son, ademais da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, a través de OPIDi, o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole); a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) e NET Novas Empresas e Tecnoloxias, S.A.-Business and Innovation Centre de Porto (NET-BIC Porto).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?