Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno escolle a Caixa Galicia para promocionar o uso do DNIe en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno escolle a Caixa Galicia para promocionar o uso do DNIe en España

Raquel Noya
Publicado: 31/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dnie-4.jpgA entidade bancaria Caixa Galicia é a única caixa de aforros do país que vén de ser escollida polo Ministerio de Industria para promocionar o uso do DNI electrónico entre a cidadanía. O proxecto consiste en informar e promocionar en España o uso do DNIe mediante a difusión das súas vantaxes e a eliminación de barreiras tecnolóxicas asociadas ao seu emprego.
Segundo informan dende o Executivo, a banca por Internet da caixa galega “xa está preparada para poder operar co DNI electrónico, e dende setembro de 2009 as operacións realizadas con este documento incrementáronse nun 267 por cento”.
Asemade, Caixa Galicia é a primeira entidade financieira española que permite a sinatura de contratos para novos clientes mediante o uso do DNIe e agora vén de comprometerse a ampliar o número de servizos aos que o cliente pode acceder mediante o DNIe.
Para isto elaborou un extenso programa de accións divulgativas sobre o uso do DNIe entre as que destacan cursos e seminarios, entrega de lectores e folletos explicativos de DNIe a través das oficinas ou promoción do uso do DNIe no acceso á banca electrónica, contratación en liña, caixeiros e outros servizos.
Nos últimos anos a caixa galega experimentou un crecemento das operacións que se realizan a través de canles tecnolóxicas. De feito, o 63 por cento de todas as operacións realizadas por Caixa Galicia, segundo informan, “fanse por medio de canles tecnolóxicas como Internet, banca electrónica, rede de caixeiros automáticos…, fronte a un 37 por cento que se seguen a realizar nas oficinas”.
Dende a caixa galega aseguran que o investimento en tecnoloxía “é un dos seus eixes estratéxicos”, posto que en 2009 investiu 54,1 millóns de euros en tecnoloxía propia (equipos, instalacións, redes, proxectos informáticos…), un 91 por cento máis que a media do sector das caixas de aforro, que se sitúa nos 23 millóns de euros.
Asemade, nos últimos tres anos, a entidade galega investiu 192 millóns en tecnoloxía e máis de 18 millóns en I+D+i propio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?