Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Sala Nasa envorcará na rede 600 horas de gravacións dos seus espectáculos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Sala Nasa envorcará na rede 600 horas de gravacións dos seus espectáculos

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

salanasatv.jpg18 anos de Sala Nasa dan para moito. Con todo, tendo en conta que neste escenario en concreto nunca debeu ficar nada pendente por dicir, case semella un proceso natural que a sala bote abaixo os seus límites físicos no bairro compostelán de San Lourenzo e se decida a envorcar na Internet todo o rexistrado audiovisualmente nese tempo. Así nolo contou esta semana Xesús Ron, comandante da Sala, quen nunha completa reportaxe de Xornal como identifica a posta en marcha deste proxecto tecnolóxico-audiovisual cun retrato das artes escénicas galegas das últimas décadas tan bo coma calquera outro. A iniciativa, como é de agardar, non vén soa. Acompáñase da televisión-web redenasa.tv, proposta en liña que dá acubillo a estes contidos e que vén de comezar a súa andaina. O comezo non é un comezo calquera: ofreceralle á comunidade internauta seiscentas horas de gravacións de todo tipo de actividades desenvolvidas na sala: música, arte ou teatro.
O froito de todo isto está nas moitas cintas de VHS e mini-dv que se tiñan gardadas no almacén e que logo dun proceso de recuperación e dixitalización (no que foi preciso desbotar ata un 15% do gravado, por estar as cintas en mal estado), irá envorcándose devagar pero sen pausa na devandita páxina web.
A xuízo dos responsables, o arquivo non se vai pór na Rede de golpe nin será un museo, pero si un espazo “vivo” que se manteña aberto á participación. De feito, a web vai dirixida a ofrecerse tamén coma unha rede social, onde os usuarios e usuarias poderán achegar as súas imaxes ou vídeos ou subministrar comentarios e consellos sobre aquel espectáculo ou obra que non se pode deixar de ver.
Entre o máis salientable do agora recuperado, por citar algúns exemplos arestora de actualidade, atópase a primeira visita á nosa terra dos míticos Mano Negra, o grupo liderado por Manu Chao, ou os comezos escénicos do galego Luís Tosar. Por certo que detrás da iniciativa de desenvolvemento en liña e deseño atópase a empresa galega A Navalla Suíza, da que falamos recentemente nesta web para dar conta dun importante premio obtido na cidade francesa (que non a galega) de Cannes. A nova achega da Nasa únese á páxina oficial da sala, dispoñible dende hai anos como un caderno de bitácora no que se veñen dando conta polo miúdo de quen actúa, cando e en que circunstancias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?