Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GPUL organiza as Xornadas de audio e gráficos con SwL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GPUL organiza as Xornadas de audio e gráficos con SwL

Raquel Noya
Publicado: 01/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A Facultade de Informática da UDC vai dar acollida, entre os días 12 e 15 do vindeiro mes de xullo, a unha nova edición das xa tradicionais Xornadas sobre informática gráfica, que viñan organizando os do GPUL e que este ano amplían a temática dando lugar ás Xornadas de audio e gráficos con software libre. Dende esta entidade fan un chamamento á participación activa de tódalas persoas interesadas e asemade animan a que se envíen propostas de charlas ou obradoiros que, de ser posible, cumplan os requisitos que seguen: deben ter unha temática relacionada co audio e/ou cos gráficos en software libre (render, animación, deseño gráfico, vídeo…). O enfoque pode ser de calquera tipo: divulgativo, desenvolvemento, investigación, etc; asemade, todo o software referenciado nas propostas debe de ser compatible coa definición de Software Libre da FSF e a lingua das propostas poderá ser o galego, o castelán, o portugués, o inglés ou o francés.
O relator deberá autorizar a GPUL a facer unha gravación da súa intervención, así como a distribuír tanto a gravación coma o resto do material empregado durante a intervención baixo unha licencia libre (segundo a FSF).
A data límite de recepción de propostas é o vindeiro 27 de xuño e poderán enviarse ben a través do formulario habilitado na web ao efecto ou ben por correo electrónico a xag@udc.es, indicando:
-Temática: Audio/Gráficos
-Título
-Nome do poñente
-Enderezo electrónico
-Teléfono de contacto (opcional)
-Empresa/Institución á que pertence
-Duración aproximada: recomendado 45 min./máximo 90 min
-Resumo: o máis completo posible sen estenderse demasiado
-Solicita axuda de viaxe: Si/Non

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?