Ao longo da pasada semana, dende Código Cero fixémonos eco da I Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos que o CPETIG, en convenio coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vai organizar na Toxa o vindeiro sábado, 5 de xuño, e hoxe, que temos o programa nas nosas mans, podemos adiantar, máis polo miúdo os relatorios que terán lugar na devandita xornada. O primeiro relatorio, que dará comezo ás 10:00 da man de Miguel Ángel Davara Rodríguez (presidente e fundador da firma madrileña de asesores xurídicos Davara&Davara), leva como nome O dereito ante as novas tecnoloxías, e orientará ás persoas asistentes no relativo aos seus dereitos no uso das TIC. O segundo dos relatorios leva por título A investigación de delitos por Internet e outras novas tecnoloxías, e será impartido por Eloy Velasco Núñez (maxistrado-xuiz instructor da Audiencia Nacional, e experto en delitos informáticos). Os seguintes relatorios terán lugar despois dunha pausa, necesaria para que as persoas asistentes collan folgos e interactúen entre elas sobre o tema principal das Xornadas: os delitos informáticos. O inevitable da proba electrónica nos procedementos xudiciais do século XXI, virá da man da avogada Paloma Llaneza e o que leva por título Práctica Forense: aseguramento, cadea de custodia e análise das evidencias informáticas, será impartido por Juan Salom Clotet (xefe do Grupo de Delitos Telemáticos da Gardia Civil). Ao remate das conferencias, o maxistrado do Tribunal Superior da Xustiza de Galicia, Juan Bautista Quintás Rodríguez moderará a mesa redonda, Cara a dixitalización da práctica forense. Desafíos e retos da proba electrónica na xustiza do século XXI, na que as persoas asistentes poderán participar e compartir as súas ideas sobre este eido. O prezo para asistir a esta xornada é de 75 euros, que inclúen o almorzo no Talaso Hotel Louxo, onde se celebran as xornadas.
O CPETIG ultima o programa da súa Xornada de Informática Xudicial
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Vitae móstranos como acelerar o Excel 365 con IA
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Unha de cada catro empresas galegas con dez ou máis persoas empregadas utiliza intelixencia artificial
- O VI Encontro CIBER.gal, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro na Cidade da Cultura, abriu o prazo de inscrición
- A Xunta destaca o papel das telecomunicacións como ferramenta para garantir a seguridade das persoas e do territorio
- A Xunta pon en marcha a décimo quinta edición de Tecnólog@ por un día para achegar as profesións dixitais ao alumnado galego
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter