Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Toupa.net pon á venda libros galegos baixo demanda e a un prezo de 9,90 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Toupa.net pon á venda libros galegos baixo demanda e a un prezo de 9,90 euros

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

toupa_libros_baixo_demanda.jpgPerante un mercado global cada vez máis competitivo, no que se constitúen alianzas de innovación e se estende uso a esgalla das redes participativas, se cadra non sería mala maneira de afianzarse nel apostar por estas mesmas armas. Este espírito é o que semella alentar o novo proxecto editorial galego posto en marcha a través de toupa.net, web da que xa falamos en Código Cero facendo fincapé nas facilidades que poñía en xogo para achegármonos á nosa propia cultura (música, cómics, libros, DVDs, etc). Máis polo miúdo e segundo informa Xornal.com, a devandita canle de venda en liña serviralles aos responsables do novo proxecto editorial, de nome Módicos, para comercializar os seus produtos de xeito exclusivo.
Detrás desta iniciativa, dirixida a poñer en circulación libros galegos a baixo custe (algo que moitos lectores xa levabamos anos pedindo), atópanse os selos Rinoceronte, 2.0 Editorial, Positivas e Urco. As catro empresas, que malia a constitución desta alianza queren manter o espírito de independencia que as alentou, buscan atender deste xeito a unha serie de demandas ben claras entre as/os lectoras/es: máis e mellor catálogos para a venda en liña, libros de calidade máis accesibles (neste caso 9,90 euros por exemplar, editados baixo demanda) e meirande contacto coa cultura galega. Entre as principais características da nova achega editorial cómpre salientar a aposta polo formato baixo demanda, que quere dicir que cada exemplar sairá do prelo no intre en que un internauta o solicite na Rede. A idea é adaptar o libro en papel ao mercado electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?