Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AETG premia a mellor tese doutoral aplicada no sector das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AETG premia a mellor tese doutoral aplicada no sector das TIC

Raquel Noya
Publicado: 02/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

PREMIO_GRADIANT_2009.jpgA Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG), no marco dun convenio de colaboración asinado co Centro Tecnolóxico Gradiant para promover o uso eficiente das TIC no entorno universitario, vén de convocar unha nova edición do seu premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) que patrocina o devandito Centro Tecnolóxico.
O premio, que recoñece con 2.000 euros as investigacións que resulten galardoadas polo xurado, entregarase no marco da XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais e das empresas deste sector, que terá lugar o vindeiro venres, 3 de setembro, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.
Tanto Gradiant como a AETG, convocan este concurso coa intención final de promover a realización de investigacións “como vehículo de xeración de coñecemento”, así como para recoñecer o mérito daqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun edio aplicable ao sector TIC.
A este premio poderán concorrer aquelas persoas que teñan defendido a súa tese doutoral nalgunha das tres universidades galegas entre os anos 2008 e 2010 e que poida encadrase nalgunha das seguintes áreas: transferencia tecnolóxica (patentes, licenzas…) ou orientación ao negocio.
As persoas interesadas en optar ao premio deberán enviar por correo electrónico a administracion@coetg.es ou aetg@aetg.org, unha ficha resumo da tese e o propio resumo indicando as razóns polas que debe ser premiada (dous folios).
O prazo de recepción das memorias rematará o vindeiro 30 de xuño.
Na imaxe, o director técnico de Gradiant, Javier González Castaño, entregando o Premio Gradiant 2009 ao galardoado da primeira edición, Daniel González Jiménez, pola súa tese Improvements in Pose Invariance and Local Description for Gabor-based 2D Face Recognition. Nela valorouse, segundo informan dende a entidade, “a calidade técnica do traballo relacionado coa implantación dos sistemas de recoñecemento facial en contornos realistas, as súas aplicacións prácticas e o uso da tecnoloxía na industria e da transferencia de coñecemento ao sector das TIC”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?