Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Startup Weekend chega a Galicia en xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Startup Weekend chega a Galicia en xuño

Marcus Fernández
Publicado: 11/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Organizadores do evento
Organizadores do evento
Nos últimos meses son moitos os eventos presenciais que buscan dinamizar o sector das TIC, especialmente promovendo o emprendemento e a creación de sinerxías entre os participantes, o que levou Carlos Granados (Planetapluton.com), Javier Varela (The Orange Market), Iago Soto (Quobis) e María Encinar (Iniciador Galicia) a tomar o relevo galego do Startup Weekend, iniciativa fundada en 2007 por Andrew Hyde que pretende explotar o concepto dunha conferencia enfocada a aprender creando, o que conseguen xuntando a xente con talentos diversos para seleccionar unha idea, desenvolver un produto e lanzar unha empresa dende cero valéndose do networking e o traballo en equipo.
startup_weekend_galicia_web.jpgEste programa tense desenvolvido con éxito en máis de 100 cidades de todo o mundo, e tras recalar en Madrid, chega agora a Galicia, máis concretamente a Santiago de Compostela, onde pretenden celebrar o primeiro Startup Weekend Galicia entre os días 4 e 6 de xuño no ITE Caixa Galicia.
A acollida do evento está a ser moi boa, e xa están inscritas distintas persoas interesadas en participar nun evento de carácter emprendedor baseado no desenvolvemento de ideas de negocio que se apoien nas novas tecnoloxías e no traballo en equipo. Os interesados en asistir deberán formalizar a súa inscrición a un prezo especial de 40 euros de facerse antes do 15 de maio, e por 50 euros de facerse despois (e ata completar aforo), incluíndo estas cotas todas as comidas.
Esta interesante iniciativa lánzase predicando co exemplo, pois está presente tanto en Twitter coma en Facebook, plataformas que parecen estar moi ben aproveitadas, pois pese a que estamos ante un evento inédito en Galicia, está a gozar de certa visibilidade.

Vídeo promocional dos eventos Startup Weekend

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?