Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: YouTube suprimirá tódolos vídeos do Mundial de Fútbol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

YouTube suprimirá tódolos vídeos do Mundial de Fútbol

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mundial_futbol_2010.jpgXa vai quedando menos tempo para o comezo do Mundial de Sudáfrica, e nos seareiros do fútbol internacional apercíbese xa certa inquietude non sempre ben disimulada. Para os que chegada a competición decidan descargar este desacougo na Internet, vendo e comentado nela as mellores xogadas, dicirlles que neste senso as novas non semellan ser moi boas, posto que YouTube xa anunciou que non vai dar acubillo ao mellorciño da competición logo de que a mesmísima FIFA llo pedira así expresamente e con vistas a protexer os dereitos de quen ten licenza para retransmitir. Ou sexa, de quen pago máis e mellor para iso.
A cousa non é nova: YouTube xa ten experiencia en suprimir achegas dos internautas logo que de os propietarios desas achegas apelasen aos seus dereitos. Con todo, a situación da que falamos é un pouco distinta, posto que debe ser a primeira vez na historia de YouTube en que esa petición se fai expresa previamente ao evento que aos responsables do mesmo lles cómpre protexer.
Así, a petición ten máis feitura de orde que outra cousa, respondendo a mesma ao desexo da FIFA de ver un YouTube completamente ceibe de imaxes do acontecemento deportivo, que se dá a casualidade de que aínda non comezou (faino o vindeiro venres 11 de xuño). Con este fin e para curarse en saúde, Google (propietaria de YouTube) dará renda solta perante a FIFA a unha ferramenta chamada Video ID, que por tradición lles serve aos propietarios de dereitos de autor sobre determinado material audiovisual a localizalo en YouTube e suprimilo. No caso concreto do Mundial, usarase para bloquear os contidos ligados ao mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?