Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bemus: nova plataforma galega para facer máis eficaz a xestión empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bemus: nova plataforma galega para facer máis eficaz a xestión empresarial

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bemus.jpgA firma galega Sinapsys, con sede en Vigo, está a presentar estes días unha ferramenta de xestión propia de seu dirixida a favorecer o manexo e o control dos datos da maneira máis áxil, cómoda, eficaz e segura posible. Falamos da plataforma Bemus.eu, a xuízo de Sinapsys unha alternativa viable para reducir ao máximo todo o que de burocrático e de tramitativo se dá nos procesos de xestión e de control da organización. Dáse ademais a casualidade de que Bemus.eu é un engadido subvencionable para as empresas galegas, tal como se sinala nas bases da convocatoria de subvencións a proxectos que o IGAPE vén de publicar, proxectos (por outra banda) dirixidos a mellorar a organización interna da produción, a relación cos clientes ou as cuestións medioambientais.
Segundo informa a empresa Sinapsys, Bemus ten unha carteira de clientes potenciais que practicamente abrangue todo o noso sistema produtivo: organizacións de calquera tipo ou sector que teñan implantado ou vaian implantar sistemas de calidade, de medio ambiente ou de prevención de riscos laborais.
Trátase dunha plataforma informática do seu tempo, que a xuízo dos responsables da dita firma viguesa, foi froito dun exame pormenorizado das esixencias que o mercado global, en boa medida dixitalizado, lles presenta ás empresas de hoxe, sexan do tamaño que sexan. Estas serían polo tanto algunhas das súas funcionalidades: cadro de mando de indicadores, xestor de fluxos de traballo para automatizar procesos, xestor de e-mail, xestor documental, axenda, xestor de clientes (CRM) e comercial, de calidade, de medio ambiente e prevención, de proxectos, de facturación, de contabilidade, etc.
Entre as vantaxes que achega, pon en xogo as devanditas (axilidade na tramitación e nos procesos) e outras como por exemplo a escalabilidade, a flexibilidade (pódese adaptar ás características propias de calquera empresa), a facilidade de manexo (permítelle o uso a calquera traballador, con independencia do seu coñecemento informático) e máis o potencial de integración (dá marxe para un manexo conxunto e ligado con aplicacións existentes de xestión). “Bemus posibilita dispor en tempo real de información da xestión da empresa dende calquera ordenador con conexión a Internet”, sinala a firma responsable da súa posta en marcha, ao que engade: “achegando todo o preciso para abranguer as funcións de xestión operativa de calquera empresa, dende a promoción e as compras ata cuestións de almacenaxe, facturación e contabilidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?