A cidade irlandesa de Dublín, está a acoller dende o pasado día 5, o 7º Congreso Internacional sobre sanidade, que este ano leva por título Maximizando o valor da Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, un evento que reúne a tódolos profesionais deste sector (dende as institucións académicas ata os servizos sanitarios, pasando por empresas privadas, gobernos e axencias de avaliación) e que este ano tamén contou coa asistencia de Avalia-t, a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias da nosa Terra.
Este organismo, dependente da Consellería de Sanidade, participa activamente neste congreso iniciando a súa colaboracion cun obradoiro, realizado en coordinación con Osteba, axencia do departamento Vasco de saúde.
O traballo, que leva por título: Pechando o loop do ciclo da vida das tecnoloxías sanitarias, ten por obxectivo facilitarlle ao persoal dos servizos sanitarios galegos, as ferramentas necesarias para que poida ofertar unha mellor calidade asistencial, baseándose na obtención de recursos a través do investimento en tecnoloxías sanitarias renovadas.
Asemade, preséntanse outras catro comunicacións relacionadas cos proxectos que están a ser desenvolvidos pola axencia galega en áreas como a monitorización de tecnoloxías sanitarias unha vez incluídas na carteira de servizos, ou a ferramenta PritecTool, que é un software que permite a avaliación continua de tecnoloxías sanitarias.
Ao remate deste Congreso, a Consellaría de Sanidade vén de anunciar que se celebrará a xuntanza da INAHTA, como punto de encontro a nivel internacional das direccións das axencias de avaliación de tecnoloxías sanitarias, en cuxo ámbito Avalia-t lidera o proxecto para a adaptación ao idioma español do glosario de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias da INAHTA-HTAi.
Dublín dá acubillo á tecnoloxía sanitaria galega
Compartir Este Artigo

