Coa principal intención de reducir custes e incrementar a produtividade en tempos de crise, a Xunta de Galicia vén de lembrarnos a tódolos galegos e galegas “que está a traballar nun Plan Estratéxico Tecnolóxico Global que establece un modelo de sostibilidade económica, medioambiental e tecnolóxica”. Este plan, que plantexa nun mesmo eixo a táctica e a estratexia, fará posible que se poidan “construír uns modelos de xestión eficaces en todos os seus niveis, para mellorar sobre todo, o actual sistema de financiamento da nosa Administración pública”.
Así o sinalou a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, durante a súa intervención na mesa redonda A sostibilidade TIC na Administración Autonómica, encadrada no marco do II Encontro co sector Público do Observatorio Dintel 2010, que se está a celebrar en Santander estes días.
A responsable de Modernización indicou que o actual sistema de financiamento das administracións públicas na presente situación de crise pasa por construir o devandito modelo, e nesta liña, apuntou, “as TIC xogan un rol clave no camiño cara a eficiencia”, tanto no que a redución de custes se refire como no tocante á mellora do control e o seguimento do gasto público.
Neste senso, as actuacións previstas no Plan Estratéxico Tecnolóxico Global da Xunta de Galicia, no que está a traballar a Secretaría Xeral de Modernización e que se presentará proximamente, permitirá conseguir un modelo sostible na xestión de custes, un factor “clave” para a Xunta e as administracións públicas neste novo ciclo económico. Mar Pereira avanzou que os obxectivos do Plan no horizonte do 2014 pasan por acadar un aforro do 25 por cento no gasto anual TIC, un 50 por cento no gasto de licenzas mediante o impulso do Software Life e un 30 por cento nos gastos de mantemento da infraestrutura TIC e dos custos na enerxía medioambiental mediante modelos GreenIT.
En canto ao modelo tecnolóxico, o plan contempla unha maior eficiencia no gasto destinado ao ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación integrando investimentos, reaproveitando infraestruturas e promovendo a cooperación entre as administracións públicas. O proceso de modernización dos servizos públicos mediante as TIC, xa iniciado, é outro dos puntos básicos plan. Ademais, o estas medidas permitirán a xeración de emprego e o aumento da competitividade dos sectores produtivos.
Na súa intervención, Mar Pereira explicou tamén a súa estratexia para integrar a Galicia na sociedade da información, para o que, segundo indicou, xa se dou o primeiro paso creando o departamento autonómico para coordinar de xeito transversal as actuacións da Xunta en materia TIC. Asemade, segundo indicou, tamén se estableceron medidas en catro áreas clave de actuación neste ámbito:
as telecomunicacións, o eGoberno, a dinamización do uso das TIC, e o impulso ao sector empresarial da sociedade da información.
Modernización lembra a súa aposta polas TIC para a mellora do eido administrativo
Compartir Este Artigo

