Facebook, Tuenti, Twitter e outras ferramentas da maneira non paran de medrar. Tanto en cantidade de usuarios como en alcance das súas ferramentas. Para facérmonos unha idea do que se move ao seu abeiro, cómpre ter en conta este dato: elas soas (non só as devanditas, senón todas as da súa índole) abranguen arestora o 20% das horas de Rede en España, segundo apunta a consultora Nielsen Online nun estudo recente sobre o eido dixital europeo que foi dado a coñecer hoxe en Madrid. A investigación, que se centrou na comparación dos distintos mercados do contorno da UE, confirma o que se supuña: que a cidadanía española é particularmente seareira destas redes sociais, constituíndose como o terceiro país Europeo, despois de Italia e Reino Unido, en uso das mesmas.
Amais do devandito, o estudo en cuestión tamén sinala que o 77 % dos internautas do ámbito estatal emprega as sinaladas ferramentas 2.0 de xeito cotián para comunicárense con familiares e amigos, para compartir coñecemento, opinións e tendencias.
As redes sociais xa cobren o 20% das operacións en liña dos españois
Compartir Este Artigo
