Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Canon integrará tecnoloxía e gastronomía no seu obradoiro do día 17 na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Canon integrará tecnoloxía e gastronomía no seu obradoiro do día 17 na Coruña

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

canon_digital_food.jpgCanon, histórica empresa centrada no eido da imaxe (primeiro analóxica e agora sobre todo dixital), vén de anunciar a celebración na Coruña da segunda edición do seu obradoiro itinerante de fotografía, logo da primeira entrega desenvolvida en Bilbao. A actividade, chamada DigitalFood Pro Workshop, é segundo indica o seu nome unha tentativa de cinguir dous mundos, o da tecnoloxía e o da gastronomía, co obxectivo de obter os mellores resultados de cada un. En palabras da propia empresa organizadora, trátase de resumir a meirande cantidade de sensacións (aromas, cor, texturas) achegadas polos alimentos nun fotograma.
O encontro celebrarase na cidade galega o vindeiro 17 de xuño, máis polo miúdo no restaurante A Mundiña.
Contarase para o seu desenvolvemento co apoio de Foto Artús, Bodegas Luís Alegre e o devandito local hostaleiro, emprazamento do certame. Este, que como dixemos será o segundo dunha serie que se prevé longa en España e Portugal, vai dirixido a fotógrafos profesionais, estudantes de fotografía e seareiros avanzados, abranguendo un proceso integral que incluiría dende a posta en longo dun bodegón ata a impresión do resultado final, pasando pola toma da foto.
Amais dos devanditos apoios, na experiencia tamén participará o fotógrafo galego Enrique Touriño Marcén. O obradoiro dará comezo cun relatorio de Asunción López, experta en economía doméstica, quen afondará na importancia e nos segredos dunha boa escolma e presentación de alimentos. Logo, pasarase ao proceso de produción e á toma de fotografías propiamente dita. As persoas que desexen inscribirse na actividade, deberán pórse en contacto con Foto Artús a través da seguinte conta de correo electrónico: raquel@fotoartus.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?