
Na cita, entre outros membros da comunidade científico-docente galega, estivo presente Iván Area, vicerreitor en funcións de Relacións Institucionais, quen salientou o pouco peso que teñen os argumentos en contra do emprego da nosa lingua no dito eido e puxo de manifesto, pola contra, as moitas vantaxes que achega o manexo de varios idiomas.
Na presentación da campaña no Campus de Vigo, Area defendeu que a lingua galega é apta para todas as disciplinas e que se non é así perde tanto a diversidade cultural, coma os galegos e a propia ciencia.
O vicerreitor en funcións estivo acompañado polos responsables de Normalización Lingüística das universidades de Vigo e Santiago de Compostela, Xosé Henrique Costas e Manuel Núñez Singala; o secretario xeral da Universidade da Coruña, Carlos Amoedo; a directora da ETSE de Telecomunicación, Edita de Lorenzo e a profesora Iolanda Galanes.
Presentada en Vigo a campaña das universidades para defender o galego na ciencia
Compartir Este Artigo
