Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sollesfaltafalar.org: recurso galego para informar polo miúdo de todo o que precisan os nosos cans
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sollesfaltafalar.org: recurso galego para informar polo miúdo de todo o que precisan os nosos cans

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sollesfaltafalar.jpgSeguimos a falar de coidado aos animais canalizado a través das redes. Desta volta, traemos ao espazo mediático a web Sollesfaltafalar.org, a web oficial do Clube Canino galego. A páxina, que está coidada ao máximo dende o punto de vista do deseño e das posibilidades de comunicación (incluíndo novas, crónicas dos usuarios, fotografías e unha ben ampla listaxe de servizos) oriéntase de xeito xenérico a concienciar á sociedade de que un can é unha grande responsabilidade e que, antes de apostar pola adopción, cómpre verificar que se cumpren unha serie de requirimentos, tanto pola nosa parte como pola do propio animal.
Neste senso, a páxina incorpora recursos de todo tipo que nos axudarían a saber cal é o can máis axeitado para o noso contorno e a onde cumpriría acudir no caso de que convivamos con animais potencialmente perigosos.
A web, que contou para a súa posta en marcha coa colaboración do Concello de Santiago, preséntase deste xeito como un gran taboleiro virtual dirixido a resolver o meirande número de dúbidas acerca das vantaxes e as necesidades dunha convivencia presente ou futura con compañeiros de catro patas. Inclúe un apartado sobre exemplos concretos de convivencia e de aventuras conxuntas (xusto na pantalla de inicio), información sobre as vantaxes mutuas (para nós e para os cans) dunha amizade, formularios para inscribirnos no clube, relación completa de actividades (saídas, excursións, obradoiros) e recursos de primeira man para todo o que teña que ver co coidado ao animal (listaxes de veterinarias, aulas de formación, encontros deportivos, etc).
Asemade, e como un dos seus puntos máis salientables, a web incorpora un banco de tempo e máis un servizo de paseadores de cans, ámbolos dous recursos encamiñados a posibilitar unha atención máis cumprida aos nosos cans: o primeiro deles favorecendo o intercambio de labores de coidado entre as persoas integrantes e o segundo facilitando o contacto entre donos de cans e profesionais que se dedican a cubrir coa súa atención o tempo en que aqueles non poden ser atendidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?