Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un amplo número de responsables de proxectos TIC galegos daranse cita este xoves no seminario do CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un amplo número de responsables de proxectos TIC galegos daranse cita este xoves no seminario do CPETIG

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpetig_seminario_boas_practicas-2.jpgEste xoves celébrase no Telecentro de Santiago (con conexión directa á Coruña, Lugo, Ourense e Vigo a través da Rede de Telecentros de Galicia) uns encontros profesionais dirixidos a achegar claves, métodos e ferramentas para asegurarmos as posibilidades de levar a bo porto todo tipo de proxectos empresariais de natureza informática. O Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos, como dixemos os días pasados nesta web, está organizado polo CPETIG, Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia e xorde ao abeiro dun convenio asinado entre a devandita entidade e a Secretaría Xeral de Modernización. A xuntanza, segundo nos conta o propio presidente do Colexio (Marcos Mata), vai dirixida a afondar en conceptos clave para o impulso de iniciativas, acompañándose o seu desenvolvemento “dun enfoque diferenciado”.
Entre outras cousas isto significa que se abordarán cuestións como o modelo CMMi amais de metodoloxías áxiles de nova tendencia.
A xornada, como sinala Mata, tamén atende á diversidade no que a destinatarios se refire: “O espectro de público que se pode beneficiar da asistencia é moi amplo”, sinala, “e abranguería entre outros a profesionais que exercen como xefes ou directores de proxecto, pero tamén a xerentes que poden ver deste xeito a mellora cuantitativa, é dicir, o aforro final do proceso, e polo tanto o aumento das marxes comerciais que vén dado por unha política de calidade no desenvolvemento do software”.
O seminario contará coa presenza de recoñecidos expertos nas materias a tratar (José Luis Iparraguirre, Carlos G. Jardón, José Ramón Díaz e David Esmerodes), así como a presenza do INTECO a través de Iñigo Tomé.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?