Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo lanza un grao pioneiro no campo das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo lanza un grao pioneiro no campo das TIC

Raquel Noya
Publicado: 16/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Uvigo_grado.jpg“Dar resposta ás necesidades organizativas máis inmediatas dos axentes empresariais e do tecido económico da provincia de Pontevedra” é o principal obxectivo que o equipo decanal da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo se marcou na súa aposta pola implantación no centro dun novo grao en Consultoría e Xestión da Información, un título que só a Universidade Autónoma de Barcelona posúe actualmente e que en breve poderán disfrutar os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo.
Trátase duns estudos que comezarán a impartirse no curso 2010-2011 e que contan cunha oferta inicial de 40 prazas para formar a profesionais que sexan quen de optimizar os procesos empresariais a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Segundo informan dende o DUVI, “preto do 6 por cento dos postos de traballo que se crean en España son para consultores”, xa que logo, o equipo decanal da devandita Facultade leva dende hai un tempo traballando “cóbado con cóbado cos axentes empresariais da provincia para ser quen de dar resposta ás súas necesidades organizativas máis inmediatas”, segundo sinalou a decana do centro, María Elisa Alén. A titulación vén de ser verificada pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e supón, segundo o equipo decanal da facultade, “unha aposta por unha formación de vangarda adaptada ás necesidades da nosa contorna empresarial e económica”.
Este novo grao consta de 4 cursos que engloban un total de 240 créditos ECTS e que inclúen un programa de contidos que vai dende a xestión empresarial e os sistemas de información e as novas tecnoloxías ata a contorna empresarial, as técnicas cuantitativas e as habilidades sociais e relacionais, todo isto sen esquecer o proxecto de fin de grao que deberán elaborar os alumnos e alumnas para obter o título.
Elisa Alén explicou perante os medios que estes estudos están especialmente dirixidos para todas aquelas persoas que estean interesadas no mundo da empresa e as TICs, as cales adquirirán uns coñecementos cos que serán capaces de optimizar os procesos empresariais a través das novas tecnoloxías. Os alumnos e alumnas que opten por estes estudos para completar a súa formación converteranse en profesionais capaces de combinar a especialización nas TICs cun amplo coñecemento sobre a empresa e as súas diferentes áreas, e asemade, poderán desempeñar cargos directivos e de administración en empresas, deseñar e xestionar sistemas de información de organizacións, crear e xestionar empresas de base tecnolóxica ou exercer a consultoría multidisciplinar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?