Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imaxin presenta a ferramenta Carvalho, tradutor inglés-galego con tecnoloxía estatística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imaxin presenta a ferramenta Carvalho, tradutor inglés-galego con tecnoloxía estatística

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/06/2010
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

Pichel, Malvar e Vázquez, no acto de presentación do novo sistema de tradución
Pichel, Malvar e Vázquez, no acto de presentación do novo sistema de tradución
Non é casualidade que os compañeiros de Imaxin homenaxeen a Ricardo Carvalho Calero, unha das máximas figuras do reintegracionismo (que defende a recuperación do que moito que temos en común galegos e portugueses), para sacar adiante o seu novo proxecto de tradución. Tampouco é casual que o seu nome, Carvalho, faga referencia tamén a un dos grandes símbolos da identidade galega, neste caso medioambiental, que semella ir apagándose de a pouco por mor de xa sabemos que e de que maneira. Imaxin, que entre outras cousas é responsable do Opentrad (ferramenta usada xa por milleiros de internautas) presentou esta mañá no Centro ON de Santiago unha achega tecnolóxica que sae de si mesma, do plano dixital, para meterse de cheo no eido da cultura e no que ten relación co medio. Máis polo miúdo, Carvalho é un sistema de tradución estatística de código aberto e sustentable entre inglés e galego. O proxecto, inserido en Opentrad, ábrese á colaboración directa cos internautas a través de dúas liñas que son continuación unha da outra.
A axuda consistiría en enriquecer o tradutor estatístico con novas palabras e, a raíz diso, contribuír á plantación de especies autóctonas por toda a nosa xeografía.
A máis Carvalho, máis carballos.
O xermolo do proxecto está no desenvolvemento final de outro previo, concretamente do Opentrad. Segundo nos contou José Ramon Pichel, director da área de I+D, hai unha realidade que cómpre ter en conta: Opentrad, o sistema aberto de tradución automática de Imaxin, chegou a un tope de calidade lingüística. A partir de aí, abriuse unha liña de tradución automática que, casualmente (isto descubrise despois) foi a mesma que seguiu o buscador Google. Esta liña partiu do alicerce de que para a posta en marcha dun novo tradutor de inglés e de galego non existían corpus paralelos entre as linguas que fosen grandes de abondo. “Non había material”, contan, polo que se apostou polas teorías de senlleiros romanistas e por botar man dos corpus de portugués e inglés a través das actas do Parlamento Europeo, un material libremente dispoñible. Con esta materia prima, e procedéndose a adaptar os termos portugueses ao galego, chegouse a “un resultado espectacular dende o punto de vista da calidade dos resultados obtidos”, sinalan dende Imaxin.
Nalgún destes puntos é cando se descubriu que Google seguira un vieiro semellante, pero con diferenzas a ter en conta, como por exemplo o feito de que a ferramenta do buscador non sexa quen de diferenciar de xeito claro entre galego e portugués. Google, que ten máis corpus e unhas máquinas de tradución máis potentes, perde terreo ante Carvalho no que atinxe á adaptación dunha lingua a outra de textos técnicos.
“A conclusión”, engaden dende Imaxin, “é que grazas á lusofonía o galego pode acceder a ferramentas lingüístico-informáticas ata agora inconcibibles”. En termos máis concretos, o traballo despregado serviu para ofrecerlle á comunidade internauta o primeiro tradutor automático e estatístico inglés-galego en código aberto, o que entre outras cousas implica (pois no eido do desenvolvemento tecnolóxico nada ten un fin real) a apertura de novas portas para máis ferramentas e linguas. O proxecto é froito do seu tempo: xorde dun punto da nosa historia en que se rexistra un nivel alto de sentido común no aproveitamento dos servizos en liña dispoñibles, e isto reflíctese en parte no afianzamento do traballo colectivo. “Trátase dun prototipo que se pode mellorar”, din, “e sobre todo coa xente contribuíndo con máis traducións de inglés-portugués”. Neste senso, é ben probable que dende Imaxin estean a discorrer unha nova tendencia web: a tradución 2.0.
Con todo, e tal e como se amosou cun exemplo concreto de tradución do inglés ao galego, o recurso xa dá resultados ben aceptables. “A idea é que se entenda o texto”, aclarou José Ramon, non se pretende algo perfecto pero si un texto ben comprensible. “Temos que pensar que o carbón non é o galego, que a materia prima é portuguesa”, engadiu. A medida que se engadan termos e se amplíe a variedade dos textos incluídos (pasando dos modelos técnicos que se impoñen arestora a raíz das devanditas actas a abranguer todo tipo de linguaxes), os resultados serán aínda mellores.
Como dixemos, Carvalho é un tradutor estatístico e, como tal, achega o factor humano que lle falta aos de outra índole. Porén, apuntan os rapaces de Imaxin, pérdese un aquel de homoxeneidade no resultado, habendo partes moi ben traducidas e outras non tanto. O obxectivo é chegar a unha hibridación que recolla as vantaxes de uns e de outros.
Para máis información sobre Carvalho, cómpre visitar carvalho.imaxin.com, onde se dá conta da natureza e das vantaxes da ferramenta a través dunha boa serie de textos e de vídeos ilustrativos. Neste intre, o recurso está dispoñible para pasar textos dunha lingua a outra, pero aínda non se pode botar man del para a súa aplicación en páxinas web.
No acto de presentación celebrado en Santiago participaron José Ramon Pichel, Paulo Malvar (responsable de Produto e un dos desenvolvedores de Carvalho) e máis Diego Vázquez (director de Márketing de Imaxin).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?