Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asemblea Xeral Ordinaria apoia a iniciativa de impulsar un gran pacto tecnolóxico-industrial para Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asemblea Xeral Ordinaria apoia a iniciativa de impulsar un gran pacto tecnolóxico-industrial para Galicia

Redacción
Publicado: 17/06/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ClusterTIC8.jpgO Cluster TIC Galicia celebrou hoxe en Santiago de Compostela a súa Asemblea Xeral Ordinaria. Na xuntanza, os máis de cen membros da organización aprobaron o informe de xestión presentado polo equipo directivo que encabeza Rafael Valcarce Baiget, ratificaron a incorporación dos novos membros da organización e deron luz verde ao Plan Operativo Anual e ao Presuposto e Contas de 2010.
Ante a Asemblea, Rafael Valcarce destacou a importancia das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) no conxunto da economía galega e sinalou a necesidade de que este «sexa percibido non só como un motor para impulsar a outros, senón tamén como un sector en si mesmo». O Cluster ten tomado ao seu cargo este labor, desenvolvendo nos últimos catro meses un intenso traballo tanto de organización interna como de posta en marcha de iniciativas e interlocución coas administracións públicas e a sociedade civil.
ClusterTIC5.jpgO presidente do Cluster TIC recordou os principais obxectivos da entidade, dentro do marco da defensa dos intereses das entidades integradas na organización e do fomento da Sociedade da Información en Galicia, e detallou ante a Asemblea os traballos levados a cabo para a constitución dos órganos de Cluster. Os membros da entidade ratificaron a composición do Comité de Dirección e o proceso de selección do xerente da entidade. A Asemblea aprobou tamén a constitución dos doce grupos de traballo impulsados desde o Comité Estratéxico. Entre estes grupos atópase o que se ocupará da remodelación dos estatutos para facilitar a integración no Cluster de todas as asociacións galegas do ámbito das TIC. Os demais grupos de traballo centran o seu labor en asuntos como Globalización e Internacionalización; Innovación e Demanda Temperá; Investigación e Desenvolvemento; Formación; Relacións Internacionais e Coñecemento, e Markentig e Dinamización Intra-empresas, entre outros.
De cara ao futuro inmediato, a Asemblea apoiou a proposta de poñer en marcha un gran pacto tecnolóxico-industrial para Galicia. Trátase dun marco dentro do cal cada sector produtivo definirá un plan de demanda anticipada, e artellarase por medio dun diálogo profundo entre as administracións, os axentes sociais, os sectores empresariais, industriais e tecnolóxicos e o sistema educativo. O Cluster TIC Galicia liderará e coordinará o papel das empresas tecnolóxicas, facendo valer o carácter transversal das súas solucións para avanzar na modernización da industria galega e na mellora da súa competitividade.

Capital risco

Outra das iniciativas do Cluster TIC apoiadas pola Asemblea é un plan para a atracción de investimentos nos sectores TIC. A entidade comprométese a captar 200 millóns de euros en catro anos. Para iso, traballará cos fondos e sociedades de capital risco e coas axencias públicas de promoción económica. Quérese deste xeito atraer start-ups e empresas do sector das tecnoloxías das Telecomunicacións. Preténdese, asemade, que o fenómeno da deslocalización vire o seu sentido e teña unha repercusión positiva na creación de postos de traballo na Comunidade Autónoma. Nesta liña, a primeira iniciativa concreta será a organización dun evento no que participarán as 15 principais sociedades de capital risco que operan en España no ámbito das TIC. Terá lugar en Santiago de Compostela os vindeiros 6 e 7 de xullo.
A Asemblea ratificou tamén un plan para impulsar un cambio de mentalidade en todos os ámbitos da sociedade galega, de cara a impulsar a demanda anticipada das novas tecnoloxías, considerando a este sector como clave para o desenvolvemento do país. Para isto, o Cluster TIC ten invitado á Xunta de Galicia a «implicarse como aliado e motor do sector».
Tal e como se comunicou á Asemblea, esta serie de iniciativas foron xa presentadas ao presidente da Xunta de Galicia e á secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, nunha xuntanza que tivo lugar o pasado día 15 de xuño.

Novos membros do Cluster

As novas incorporacións ao Culster TIC Galicia ratificadas pola Asemblea Xeral foron as das empresas IG Documentación, Eumelec, Matchmind, Imaxina e Crossnet. Deste xeito, o Cluster agrupa xa un total de 104 membros: 95 empresas, 4 asociacións empresariais e 5 asociacións e colexios profesionais. Os seus membros teñen unha facturación anual conxunta de máis de 2.000 millóns de euros e sosteñen máis de 8.600 empregos directos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?