Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo dá acubillo estes días a unhas xornadas sobre TIC para persoas con diversidade funcional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo dá acubillo estes días a unhas xornadas sobre TIC para persoas con diversidade funcional

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Edita de Lorenzo, Cristobal Varela, Manuel Fernández e Santiago Moreno na inauguración das xornadas
Edita de Lorenzo, Cristobal Varela, Manuel Fernández e Santiago Moreno na inauguración das xornadas
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo acolle dende onte uns encontros dirixidos a poñer de relevo o alto potencial da innovación dixital na mellora da calidade de vida das persoas dependentes ou con diversidade funcional. Máis polo miúdo, trátase das Xornadas de e-Accesibilidade: Promovendo a autonomía persoal, uns encontros que, como o seu propio nome indica, serven para ir das ideas aos feitos en materia de tecnoloxía solidaria. Entre os exemplos deste eido da I+D que se están a tratar nestas xornadas inclúense achegas concretas como un dicionario de signos para o móbil, un prospecto de medicamento accesible ás persoas cegas ou un teléfono de emerxencias ao que poidan acceder os xordos.
As xuntanzas, inauguradas por Manuel Fernández Iglesias no seu primeiro acto oficial como vicerreitor, responde segundo fai saber a Universidade aocompromiso renovado de atender ás demandas da sociedade en materia de inclusión e autonomía persoal.
No evento están a participar persoeiros das TIC sociais como Santiago Moreno, director da Fundación Vodafone España, coorganizadora do encontro, quen fixo fincapé nas sólidas fitas de colaboración que unen a entidade coa Escola de Enxeñaría, sendo a investigación na axuda a persoas con diversidade funcional un dos grandes puntos en común. Na súa opinión, téñense dado pasos importantes neste eido, aínda que tamén é certo que fica moito por facer: “A día de hoxe, temos unha tecnoloxía moi poderosa, prezos reducidos e oportunidades para desenvolver moitas cousas para facilitar a vida destas persoas”.
Xunto a Fernández Iglesias e Santiago Moreno, participaron na apertura das xornadas a directora da escola, Edita de Lorenzo, e o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Xunta, Cristobal Varela que, entre outras accións que está a levar a cabo o Goberno galego, salientou o Plan Integral de Atención ás persoas con discapacidade “que será presentado en vindeiras semanas”.
Hoxe martes, informa a Universidade de Vigo, o eixe central será precisamente o eido universitario, primeiro coa participación de investigadores de diferentes grupos de investigación da escola,que exporán os traballos que se están a levar a cabo neste eido (axuda a dependentes no fogar, radiolocalización para maiores e contornas de teleasistencia) e, logo, unha mesa redonda sobre Universidade e Accesibilidade. Posteriormente clausurarán o encontro, o reitor, Salustiano Mato; a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato; a concelleira de Benestar Social, María Méndez e o director Territorial Noroeste de Vodafone, Juan José De Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?