Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo estudo para demostrar que non hai relación entre as antenas e o cancro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo estudo para demostrar que non hai relación entre as antenas e o cancro

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

antenas_telefonia.jpgO problema das antenas de telefonía non é só vivir preto delas, senón tamén velas. Esta última sería, se temos en conta o que di un novo estudo sobre os hipotéticos efectos de aquelas sobre a saúde, a principal razón do seu rexeitamento, xa que, sinalan, segundo as probas efectuadas non hai nada que demostre que producen cancro. Sen metérmonos na vella lea de se producen ou non producen e deixando de lado o moi contraditorio do asunto (tanto de quen di que son malas pero quere ter bos servizos de telefonía, coma de quen sostén que son boas pero non permitiría unha antena onde xogan os seus nenos), a verdade é que a investigación ten o seu interese. Sobre todo, pola información que dá de xeito indirecto sobre os nosos hábitos non tecnolóxicos, en ocasións tan malos como vivir coa cabeza debaixo dunha antena.
O estudo en cuestión, reflectido por ADSLZone, foi realizado por investigadores do Imperial College de Londres e, entre outras cousas, pon de manifesto que as cidades de hoxe en día, con antenas ou sen elas, son acubillo de todo tipo de doenzas e dende as idades máis temperás. Na investigación analizáronse ata 7.000 nenos de catro anos de idade para abaixo e destes, 1.400 tiña algún tipo de cancro.
Malia o que poida parecer, e logo de tomar nota da distancia que media entre os fogares onde viven e as antenas, constatouse que non había relación. Así, tanto uns nenos coma outros (tanto os afectados coma os sans) compartían os mesmos valores de radicación e de contacto cos devanditos equipamentos.
Con todo, o estudo en cuestión non semella todo o tranquilizador e definitivo que debera ser, por moito que en elmundo a xinecóloga María Jesús Cancelo sosteña que lanza unha mensaxe tranquilizadora, cousa curiosa se temos en conta que de 7.000 nenos tratados, polas razóns que foran, 1.400 tiñan cancro, dato que será moitas cousas pero non tranquilizador.
A investigación tampouco poderá frear, case con toda probabilidade, a vaga de protestas en todo o mundo contra a instalación de antenas, algunhas tan recentes e próximas como a levada a cabo hai pouco no concello coruñés de Val do Dubra. Asemade, semella que ten poucas posibilidades de solucionarlle o problema á Organización Mundial da Saúde, que recentemente recoñeceu que cómpre seguir investigando, xa que o acadado ata o de agora é difícil de interpretar, sobre todo ao concorrer nos estudos mostras miúdas de persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?