Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web galega de Ikea ofrecerase integramente na nosa lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web galega de Ikea ofrecerase integramente na nosa lingua

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

IKEA_Singapore.jpgQue Ikea se comprometera coa nosa lingua xa antes da súa apertura na Coruña non é unha novidade. Pero que leve esa estratexia (lingüística e, cómpre non esquecelo, tamén comercial) ata o punto de ofrecer unha páxina integramente en galego si que xa non se agardaba, e máis tendo en conta que estamos a falar dunha empresa multinacional, e a idea xeneralizada é que este tipo de firmas non soe destacar moito polo respecto ás linguas e ás identidades dos seus clientes. A medida de Ikea, que está a ser moi ben saudada na Rede galega (aínda recoñecendo a súa vontade de chamar a atención do mercado), foi dada a coñecer por Daniel Rivero, responsable da tenda na Coruña, quen nunha entrevista con La Opinión manifestou que a aposta de Ikea co galego é firme e que esta decisión veu tomada tamén polos problemas técnicos que se rexistraron para ofrecer unha versión bilingüe da web, e que postos a elixir entre castelán e galego, quedáronse co segundo.
Amais, está prevista a publicación en breve do catálogo de Ikea, que tamén se editará no noso idioma no mes de setembro. Con todo, e malia este esforzo salientable pola lingua, cómpre lembrar que non todo semella bos agoiros con respecto á chegada da empresa sueca á nosa terra. Así, non hai que ter moita visión de futuro para albiscar un panorama ben estreito de posibilidades para os pequenos e medianos empresarios do país ligados á decoración e ao mobiliario. O desembarco de Ikea á Coruña e logo (esta é a previsión da multinacional) a Vigo pode significar un bo golpe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?