Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cancións e poemas na entrega de premios de Lingua de Amor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cancións e poemas na entrega de premios de Lingua de Amor

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lingua_de_amor_pablo.jpgFinalmente fíxose entrega do certame galego dirixido a promover o galego a través das novas feituras de comunicación, máis polo miúdo o tipo de galego que se emprega precisamente para estreitar calquera canle ou espazo de comunicación. Falamos do certame Lingua de Amor, concurso que chegou este ano á súa cuarta edición e que pechou o sábado 26 de xuño un novo capítulo da súa historia coa cerimonia de entrega de premios. A entrega de galardóns desta convocatoria, que recoñeceu unha máis a creatividade de escritoras/es e cantautoras/es da nosa terra, desenvolveuse na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, a partir das 12.00 horas. No seu transcurso, as gañadoras e gañadores leron cadansúas declaracións feitas para o certame e interpretaron cancións en directo.
Cómpre sinalar que o concurso está organizado polo Consello da Xuventude de Galicia (CXG) e que se dirixe (como dixemos) a promover a lingua entre a mocidade pero tamén a impulsar o emprego das novas canles de comunicación como canles perfectamente válidas para o uso do noso idioma.
O xurado estivo integrado por Dolores Vilavedra, crítica literaria; Manuel Gago, director de culturagalega.org; Francisco Alvarellos, da produtora A Casa de Música, e Yolanda Fernández e Nancy Domínguez, técnicas do CXG.
A finalidade da iniciativa é promover o uso da nosa lingua entre a mocidade, e máis polo miúdo entre a mocidade que fai uso das novas canles de lecer.
Nesta edición de Lingua de Amor recoñecéronse as obras de Uxía Pérez (primeiro premio na modalidade de 14 a 19 anos), de Hugo Eiroá (segundo premio desta categoría), de Jessica Amado (terceiro), Alcira Otero (primeiro premio na categoría de 20 a 35 anos), Antonio Iglesias (segundo desta modalidade) Carme Otero (terceiro). Na sección Cancións de Amor, impúxose Pablo González con Para beber auga e viño, ao que podemos ver na imaxe interpretando o devandito tema.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?