Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A consecución da administración electrónica, un paso máis cara o eGoberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A consecución da administración electrónica, un paso máis cara o eGoberno

Raquel Noya
Publicado: 30/06/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A subdirectora xeral de Sistemas de Información e Modernización da Administración Pública, María José García Sexto, vén de participar na Xornada sobre a Modernización da Administración Autonómica de Galicia, organizada pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa na que apuntou que a Administración electrónica é unha demanda “xa recoñecida como unha necesidade na nosa sociedade”.
Deste xeito, indicou que, a Xunta de Galicia entende a Administración electrónica como unha actuación “orientada a ofrecer a cidadáns e empresas uns servizos públicos máis eficientes e máis próximos utilizando as novas tecnoloxías da información e das telecomunicacións”.
Nesta liña, o Consello da Xunta aprobou o pasado mes de abril, o Plan de Modernización da Administración Pública da Xunta de Galicia, dotado con 26 millóns de euros ata o 2013 co obxectivo de acadar o desenvolvemento da Administración electrónica estendendo o uso das tecnoloxías para ofertar novos servizos e mellorar os actuais, acelerando a tramitación de procedementos e facilitando a participación e a información da cidadanía en tempo real. O Plan, que recolle as accións previstas para acadar o despregamento da eAdministración estrutúrase en catro eixos de actuación, 12 áreas de traballo e 33 programas.
García Sexto indicou, asemade, que o plan contempla como obxectivos prioritarios para este ano a regulación normativa da eAdministración, a formación en TIC do persoal da administración, a creación dunha oficina virtual institucional, e a configuración dunha sede electrónica na que tramitar telematicamente tódolos procesos administrativos.
Por outra banda, as prioridades para o vindeiro 2011 son acadar que o 100 por cento dos procedementos da directiva de servizos (aqueles procedementos vinculados a emprendedores) e o 20 por cento das subvencións se xestionen telematicamente. A consolidación da carpeta do cidadán e as empresas, que permite o acceso aos trámites e documentación en poder da Administración son tamén obxectivos para o vindeiro ano. Ademais, consolidarase o Sistema de Xestión de Persoal Unificado, a Intranet, a Oficina do Empregado Público e os procedementos SERI (servizos de resposta inmediata) telemáticos. As xestións coa Administración a través de Internet preséntase como vía alternativa para axilizar os tempos de resposta ao cidadán.
A consecución da eAdministración suporá, segundo afirmou, “un paso máis cara o eGoberno, un concepto máis global que implica un novo modelo de relación entre Administración, cidadanía e empresas que inclúe o soporte completo a todos os procesos entre dispoñibles para os usuarios independentemente do lugar, momento ou canle de comunicación”.

Sociedade da Información
A estratexia en materia de novas tecnoloxías da Xunta de Galicia abarca un importante número de actuacións para situar á Comunidade no núcleo avanzado da sociedade da información. Entre as medidas que se están a desenvolver, María José García Sexto enumerou na súa intervención o Plan de Acción para o Desenvolvemento da Sociedade da Información no 2010, que engloba o Plan de Banda Larga, o desenvolvemento do eGoberno, a dinamización do uso das TIC e o Plan Integral de Apoio ao sector TIC. Todas elas enmarcadas en 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, que aglutina a estratexia en materia de novas tecnoloxías da Xunta e define as actuacións para maximizar o potencial social e económico das TIC como peza clave que axude a converter a economía actual nunha economía intelixente, sustentable e integradora cun alto nivel de emprego, cohesión social e territorial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?