Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo certifica a mellora da produtividade das empresas da Eurorrexión grazas ao uso das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo certifica a mellora da produtividade das empresas da Eurorrexión grazas ao uso das TIC

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Jorge Remondes, autor da tese
Jorge Remondes, autor da tese
As novas tecnoloxías non fan milagres, pero (igual que a comida saudable para o noso organismo) axudan a un bo funcionamento das empresas. Ou sexa, que de nada serve estar ao tanto das máis innovadoras tendencias e ferramentas para a xestión dos datos se logo vendemos ar. Pero de haber un bo proxecto de base e gañas de levalo a cabo, as TIC son a materia prima para ir ampliando negocio. Amosar isto con todo tipo de datos e de exemplos é o obxectivo da tese de doutoramento de Jorge Remondes, un traballo desenvolvido sobre a base de 173 empresas de ámbalas dúas beiras da fronteira galego-portuguesa e que salienta o moito que as ferramentas dixitais contribuíron a mellorar nelas a comunicación, a dispoñibilidade dos datos e a toma de decisións. O traballo, dirixido polo profesor Fernando Ramos (Universidade de Vigo), foi cualificado por unanimidade con sobresaínte cum laude. Segundo informa a dita institución educativa galega, a investigación revela a influenza positiva na produtividade que ten o uso das TIC nas organizacións, e máis cando se asocian á comunicación máis evolucionada e coa modernización da estrutura organizativa.
O tribunal da tese doutoral
O tribunal da tese doutoral
“As novas tecnoloxías”, subliña o autor da tese doutoral, “contribúen a aumentar a produtividade dos colaboradores, podéndose afirmar que existe unha relación directa entre a produtividade do traballo nas empresas e un conxunto de factores asociados á interacción e ao uso de tecnoloxía e de sistemas de información”. Porén, e malia todo o positivo que salienta (incluída a liberalización das telecomunicacións e a existencia dunha infraestrutura TIC que non esixe investimentos moi elevados), Remondes fai fincapé no seu estudo en que se corre arestora certo risco de non evolucionar nalgúns aspectos tanto como se debería. Deste xeito, considera que “aínda se rexistran varias empresas que non gozan na súa plenitude dos beneficios das TIC en comunicación interna, debido principalmente aos custes de investimento e ás modificacións organizativas esixidas para a súa adopción”, salienta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?