Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adicións Dixitais incide nos perigos de deixar que a rapazada pase o verán enganchada á computadora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adicións Dixitais incide nos perigos de deixar que a rapazada pase o verán enganchada á computadora

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/07/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

adicions_dixitais-2.jpgO problema da era da tecnoloxía para a rapazada é que agora ten máis razóns para ficar na casa. En tempos, a balanza inclinábase cara as moitas cousas que se podían levar a cabo no exterior (axudadas, claro, polo menor número de coches), pero hoxe semellan pesar máis os motivos para non buscar lecer fóra do eido familiar, motivos entre os que se contan (aínda que non son os únicos) consolas, computadores, redes e, tamén, o desleixo dunha boa parte dos pais que ven nas ditas ferramentas unha boa oportunidade para que non lles rompan a cabeza. Cómpre que non se nos entenda mal: as tecnoloxías na mocidade son ben necesarias, pero ata o máis necesario pode achegarnos problemas se non poñemos en xogo un pouco de mesura. En informar disto centran unha boa parte dos seus esforzos Adicións Dixitais, plataforma dedicada a promover o uso racional das TIC e que estes días de comezo das vacacións quere salientar o desembarco masivo dos nenos e nenas cara cadanseu computador. E faino a través dun estudo no que tamén se inclúen datos sobre a realidade galega, arestora non moi diferente da do resto do Estado.
Segundo se nos conta no seu informe, a meirande parte dos case 125.000 nenos galegos de entre dez e 15 anos, arredor do 90% do total, accede ás TIC de xeito cotiá, cousa que non sería problemática de por si sempre e cando haxa algo de control pola súa parte e pola dos pais e/ou titores.
Accións Dixitais, na súa busca de maior concienciación sobre a necesidade de pór máis límites a “este abuso”, informa que da devandita franxa de idade, o 77,3% das rapazas e rapaces da nosa terra accederon á Rede nos últimos tres meses (o 86% a nivel estatal), taxa da que unha elevada porcentaxe fíxoo sen o menor control paterno.
Isto que é aplicable a Internet, engade, tamén se pode levar á práctica no emprego do móbil, un aparello que a día de hoxe é usado polo 68% da rapazada galega de idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos. Segundo sinala a este respecto Juan Romero, voceiro de Adicións Dixitais (na imaxe, nunha charla recente na UNAV), “na longa experiencia da plataforma con alumnos, pais e mestres, temos constatado que a dedicación da mocidade galega ao lecer tecnolóxico vén de longo, esquecendo outras facetas de entretemento como a lectura ou saír á rúa”.
E prosegue: “Durante as últimas semanas as preguntas máis frecuentes que me fan os pais galegos refírense ao que van facer os seus fillos durante os meses vindeiros; e isto vén a conto porque os rapaces asumen que vacacións e computador son o mesmo; e os pais non queren que pasen todo o día coa maquiniña, pero non saben como evitalo”.
Sobre este último punto, Adicións Dixitais quere ser clara: cómpre tomar medidas canto antes para que o dito problema non vaia a maiores. Isto, informan, poderá ser polas boas (negociando o tipo de actividades que se van a desenvolver nos meses de calor, fomentándose o diálogo entre pais e fillos sobre este punto) ou “polas malas” (prohibindo ata onde sexa preciso o emprego intensivo das devanditas ferramentas). Para Romero, “non se pode deixar que os rapaces, por moi boas notas que sacaran, pasen o día deitados no sofá coa Play, vendo a tele ou enganchados ao computador”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?