A rede española Yunu.com, especializada nalgo tan trascendental e importante nos nosos días como pode ser ligar por Internet (xa que todo se fai pola Rede, ligar non iba ser menos), vén de aportar o seu gran de area para que o escritor Javier Casares García publique o seu último libro: “Como ligar por Internet”, que aporta as claves para relacionarse e atopar parella na Rede.
Esta web, que conta con máis de 3 millóns de persoas rexistradas, permite subir fotos e completar o perfil de cada usuario de maneira que atopar unha persoa compatible sexa o máis doado posible; agora ben, o que non asegura é que nos metan gato por lebre, algo do que non estamos a salvo nin na realidade menos virtual.
A experiencia de Yunu.com neste tipo de relacións en liña permitiu que participara nesta publicación aportando as súas “peculiares respostas” a todo aquel usuario da Rede que algunha vez se preguntara “como ligar en Internet?”, xa que malia que diariamente millóns de persoas se conectan dispostas a coñecer xente ou ligar, un gran número delas descoñecen o potencial ou as claves para seducir que Internet lles ofrece (entre elas o engano).
Asemade, a empresa sinalou que no seu libro Javier Casares vai máis alá e ofrece un manual que serve como guía para socializar dentro de Internet, achegando detalles sobre a optimización das posibilidades que ofrece a interacción na Rede.
Crean un manual para ligar por Internet
Compartir Este Artigo

