Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Modernización dálle pulo a eAdministración nos concellos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Modernización dálle pulo a eAdministración nos concellos galegos

Raquel Noya
Publicado: 06/07/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

directora_xeral_innovacion.jpgCun presuposto que ascende a nada menos que a 9 millóns de euros, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vén de anunciar que, coa aprobación da iniciativa eConcellos, vai modernizar a relación presencial das entidades locais coa cidadanía así como facilitar o uso dos servizos telemáticos destas administracións por parte dos cidadáns.
Esta iniciativa, que a secretaria xeral, Mar Pereira, presentou durante unha xornada sobre o desenvolvemento da eAdministración nos concellos (organizada polo Club financieiro de Vigo), tén como obxectivo simplificar e mellorar os circuitos de rexistro das administracións locais e sobre todo, sentar as bases dun “desenvolvemento coordinado e sostible da eAdministración” nas entidades locais.
Mar Pereira sinalou que a modernización da Administración enmárcase nas liñas de actuación de 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, a estratexia tecnolóxica da Xunta coa que, co pulo das novas tecnoloxías, busca converter Galicia “nunha Comunidade cohesionada social e territorialmente, situada na senda da creación de emprego e crecemento económico sostible e na que se posibilite o traballo en rede, o acceso ao coñecemento, e a participación activa de todos os axentes implicados”.
Asemade, a secretaria xeral sinalou que a modernización dos concellos no ámbito tecnolóxico é un dos eixos fundamentais da aposta do Goberno galego no impulso da administración electrónica en Galicia, xa que pola súa proximidade á cidadanía as entidades locais deben ser un importante prestador de servizos sociais.
Un dos primeiros pasos para modernizar a relación coa cidadanía previstos na iniciativa eConcellos é, segundo indicou a titular da carteira de Modernización, “a creación das oficinas de atención presencial ao cidadán da Xunta de Galicia, que actuarán como puntos de libre acceso e uso equipados cos medios precisos para que os usuarios poidan realizar os trámites administrativos de xeito telemático”.
Pereira tamén anunciou que a Xunta elaborará un catálogo de a lo menos 85 procedementos telemáticos para ofertar aos concellos galegos, dos cales se irán implantando paseniñamente os que mellor conveñan, comezando cun mínimo de 10 procedementos en 105 concellos.
Tamén se porá a disposición dos concellos a adaptación e cesión dos sistemas de licitación e facturación electrónica da Xunta para ser usados polas entidades locais e potenciar o uso da Plataforma de Contratación de Galicia e do Rexistro Xeral de Contratistas polos concellos.
Por outra banda, e xa de cara ao vindeiro ano, a iniciativa e Concellos redefinirá o modelo de rexistro do Portelo Único, existente ata agora, establecendo unha integración efectiva do rexistros públicos dixitais das entidades locais para evitar a ralentización na recepción da documentación e posterior tramitación. Este proceso de modernización suporá a dotación de equipamento aos 315 concellos e ás 4 deputacións provinciais de Galicia, cun investimento aproximado de 2 millóns de euros.
Por último, dentro das expectativas deste organismo, tamén se inclúe o afianzamento do espazo dixital EidoLocal como o portal das entidades locais, potenciando os seus contidos e que o seu uso se consolide na vida diaria municipal. A web disporá dun apartado privado que baixo o epígrafe, Carpeta do Concello, permitirá que cada municipio xestione a súa relación coa Xunta así como dun espazo destinado aos servizos de apoio aos concellos e dunha xanela única da relación de servizos prestados polas entidades locais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?