Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Crean un sistema para localizar aparcamento urbano a través de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Crean un sistema para localizar aparcamento urbano a través de Internet

Raquel Noya
Publicado: 08/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

zona-azul.jpgNos tempos que corren, nos que o coche se converteu para moitas persoas nun obxecto de luxo practicamente imprescindible para desprazarse a toda distancia que supere os 100 metros, faise unha odisea aparcar de maneira legal en calquera cidade ou pobo máis ou menos grande no noso país e a tarefa complícase (segundo a lei de Murphy) canto maior é a necesidade de chegar a tempo a algunha cita ou evento.
A Universitat Autónoma de Barcelona (UAB), en colaboración co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Catalunya (CITC) e coa empresa WorldSensing, veñen de desenvolver un sistema que, precisamente para evitar sorpresas desagradables á hora de aparcar, localiza prazas urbanas de aparcamento a través de dispositivos con conexión á Rede.
Trátase dunha rede de nodos (sensores sen fíos) ubicados nas prazas de aparcamento das zonas azuis e verdes, que detecta o espazo baleiro e transmíteo a un servidor central, o cal pode reenviar os datos a paneis informativos e conectarse dende calquera dispositivo electrónico con conexión a Internet, como teléfonos móbiles e GPS de última xeración que guían ao usuario ata o aparcamento.
É por iso que, os investigadores do proxecto, que recibe o nome de Xaloc, veñen de crear unha plataforma que lle permitirá aos Concellos e aos usuarios conectarse a través de Internet e detectar a praza libre máis achegada, o que para os seus responsables, “permitirá diminuir as emisións de CO2 e mellorar a vida dos cidadáns e cidadás”.
Este sistema, no que levan investigando máis dun ano, vaise aplicar en probas durante os vindeiros seis meses, e unha vez comprobado o seu funcionamento, será implantado en cidades como Barcelona, Sabadell, Sant Cugat del Vallès (Barcelona) e Barbastro (Huesca), localidades que, segundo os artífices do invento, “xa mostraron o seu interese polo sistema”.
Os responsables do proxecto teñen previsto que a plataforma sexa aberta e de balde, malia que, segundo informan, “a súa instalación nas rúas ten un custe total duns 170 euros por nodo, que terían que asumir os consistorios”.
O sistema está baseado principalmente na mellora da conectividade, a autonomía e a conexión entre os diferentes nodos, que acadan unha vida útil de máis de 7 anos, similar á das estradas.
Con isto, ademais de permitirlle aos conductores desentenderse dos seus vehículos durante o tempo que precisen, pódese evitar a emisión de 400 toneladas diarias de CO2, grazas á redución do tempo de espera dos vehículos na procura de aparcamento, que de media nunha cidade como Barcelona acada os 15,7 minutos (tirando moi polo baixo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?