Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis dun centenar de profesores en enxeñaría informática comparten experiencias na USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis dun centenar de profesores en enxeñaría informática comparten experiencias na USC

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Acto de inauguración do encontro, fotografado por Santi Alvite
Acto de inauguración do encontro, fotografado por Santi Alvite
A Universidade de Santiago está a acoller estes días unha serie de encontros TIC nos que participan máis de cen docentes de enxeñería informática de todo o eido estatal. As xuntanzas, que se celebran ata mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE), foron inauguradas este mércores polo reitor entrante Juan Casares, acompañado do seu homólogo saínte, Senén Barro. As Xornadas de Ensinanza Universitaria da Informática (JENUI2010), que van pola súa dezaseis edición, teñen un especial significado para a dita Escola, amais da súa achega informativa propiamente dita, posto que coincide co final do curso do que sairá a primeira promoción de graduadas/os nesta materia en toda España, “ao ser a USC das primeiras universidades en adaptar o título ao eido europeo da educación superior”.
Os encontros, polos que están a pasar persoeiros da docencia TIC como Juan Manuel Dorero (presidente do Capítulo Español do ACM Special Interest Group on Computer Science Education), xurdiron en 1994 como emprazamento para o intercambio de ideas e experiencias entre profesores universitarios de informática e grupos de investigación.
Segundo informa a USC, para esta convocatoria do evento reuníronse 138 propostas de comunicación, o que significa un medre do 30% respecto á anterior edición. Delas, tras un proceso de escolma, foron incluídas 70 para a súa presentación.
O seu abano temático é variado, malia basearse unha boa parte en novos métodos para formar á comunidade estudantil en novos contidos, entre os que se contan os seguintes: programación, bases de datos, seguridade, fundamentos teóricos, arquitectura de computadores ou sistemas operativos.
Asemade, tamén se están a tratar aspectos xenéricos do proceso de ensinanza, como o seguimento do alumnado ou a procura de recursos para asegurar a calidade na docencia. Nesta última liña sitúase precisamente a mesa redonda que pecha a xornada do venres, ás 11.00, moderada pola profesora Rosana Satorre e participando nela o catedrático da Universidade de Granada, José Luis Verdegay; o catedrático de escola da Universidade de Alacante, vicerreitor de Tecnoloxía e innovación educativa e membro da Comisión Executiva Sectorial TIC da CRUE, Faraón Lloréns; e a profesora da Universidade de Alacante, Rosana Satorre, que actuará como moderadora. O evento está organizado pola ETSE, a USC e a Asociación de Enseñantes Universitarios de Informática (AENUI) co patrocinio da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e Coremain.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?