Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A privacidade informativa e as técnicas de control TIC, a debate nun curso na USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A privacidade informativa e as técnicas de control TIC, a debate nun curso na USC

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

privacidade.jpgO Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación Santiago acollerá no vindeiro mes de setembro unha actividade docente encamiñada –entre outras cousas- a pór de relevo os novos usos e costumes de quen restrinxe a liberdade informativa da cidadanía ou se apropia desa liberdade a costa de outros; usos e costumes achegados, cada vez máis, a través das novas ferramentas da era dixital. O evento, que se celebra os días 9 e 11 de setembro e inclúe 15 horas lectivas, conta con Ramom Lôpez-Suevos Fernández en labores de dirección e con Rosa María Verdugo en tarefas de secretariado.
A actividade, con cabida para 200 persoas, leva por título Redefinindo a privacidade: Orwell 2010. Conta ademais con cofinanciamento da CIG (Confederación Intersindical Galega) e do observatorio para a defensa das liberdades Esculca, cuxa web informa xa polo miúdo deste evento formativo e informativo.
Entre os temas a tratar inclúense as novas faces que a desinformación adquire (de xeito paradoxal) na Sociedade da Información, as tecnoloxías e a privacidade internacional (cuestión que será desenvolvida por Ben Hayes) ou as técnicas de control de última xeración (tema a tratar por Rosendo González).
O programa do 9 de setembro, xornada inaugural, ficaría deste xeito:
9:00 Inauguración do curso
9:30 Tecnoloxías e privacidade internacional. Ben Hayes, director do Observatorio Europeo de Statewatch e Documentación Centro de Xustiza e Asuntos de Interior na UE.
12:00 Técnicas de control. Tecnoloxías dixitais.Rosendo González, Investigador de Movementos Sociais, Universidade da Coruña
10 de setembro
9:00 A seguranza como xestión de riscos. David San Martín Segura, investigador na área de Filosofía do Dereito, Universidad de La Rioja
12:00 A industria da seguranza. Agustina Iglesias Skulj, asesora en materia lexislativa do goberno boliviano e investigadora da área de Dereito penal da Universidade da Coruña
O programa do 11 de setembro sería este:
9:00 Dereitos fundamentais e control do Estado. Iñaki Rivera Beiras, Profesor Titular de Dereito Penal da Universitat de Barcelona e director do OSPDH (Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans).
13:30 Clausura do curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?