Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo acollerá un curso sobre Linux para a docencia universitaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo acollerá un curso sobre Linux para a docencia universitaria

Raquel Noya
Publicado: 09/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ordenadores_linux.jpgOs docentes da Universidade de Vigo, aínda ben non remataron este curso e xa están a prepararse para, á volta do verán, seguir formándose en novas tecnoloxías e estar así preparados para arramplar co que lle veña esixido polo Plan Boloña en materia de habilidades coas ferramentas máis modernas.
E é que todo aquel que desexe familiarizarse co software libre para aplicalo posteriormente á súa metodoloxía de ensino, terá a oportunidade de formarse no emprego de Linux grazas a un curso que vén de ser ofertado pola devandita entidade académica.
A finalidade deste curso formativo é achegarlle ao profesoarado as claves para desenvolverse con soltura con este sistema operativo de software libre, que lle outorga a liberdade de usar o programa, de estudar como funciona e de poder modificalo e melloralo, que a fin de contas é o obxectivo último deste tipo de ferramentas de código aberto.
Esta iniciativa está encadrada dentro das actividades da antiga Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa e ten un número de prazas limitado a 20 persoas. A docencia impartirase os días 6 e 9 de setembro de 10:00 a 14:00 horas e o 13 do mesmo mes de 10:00 a 12:00 horas. Durante estas dez horas de duración explicarase aos usuarios habituais de Windows que Linux ofrece as mesmas funcionalidades, é igual de doado en canto ao seu manexo, e é de balde. A metodoloxía empregada será fundamentalmente de prácticas guiadas e todo o material do curso estará permanentemente dispoñible na web.
Programa do curso

As dez horas de docencia comprende cinco temas ou bloques de contidos. Primeiramente os asistentes achegaranse a este sistema operativo cunha introdución na que poderán coñecer a instalación ou o ámbito de escritorio. Seguidamente, o profesor Xosé Antón Vila Sobrino falaralles sobre o sistema de arquivos, permisos, configuración do contorno. O terceiro tema será a administración do sistema, os usuarios, a rede, os periféricos, a xestión de paquetes,…. Nunha terceira quenda poderán coñecer as utilidades varias do Linux como a compresión de arquivos, copias de seguridade, mensaxería instantánea e multimedia. Finalmente, o curso rematará cunha clase sobre como obter axuda e información.Os interesados en matricular neste curso deberán facelo a través de Bubela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?