Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha un centro público de demostración TIC centrado na computación na nube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha un centro público de demostración TIC centrado na computación na nube

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centro_demostracion_tic_andalucia.jpgMalia que as redes e os seus servizos se van explicando a si mesmos a medida que se poñen ao noso alcance, e malia que a comunidade internauta tamén se preocupa de informar deles, cómpre lembrar que a carreira tecnolóxico-dixital vai a tal velocidade que en ocasións corremos o risco de ficar un pouco por detrás dela. Evitar isto e informar de todo o que acontece nas redes e na súa aplicación no empresarial é un dos obxectivos do emprazamento de investigación que vén de ser inaugurado estes días en Andalucía. Trátase, máis polo miúdo, do primeiro Centro Público Demostrador TIC, unha iniciativa especialmente centrada no cloud computing (computación na nube: os máis variados servizos para as empresas a un golpe de clic) e en apoiar ás compañías para que desenvolvan novos produtos con elevado compoñente TIC.
O centro, que conta co apoio de Vodafone, Eticom e Microsoft, o que segundo a Junta de Andalucía e Red.es (promotores institucionais), permitiralle constituírse como o primeiro escenario público de demostración real de tecnoloxías na nube, operando tanto a nivel nacional como internacional.
Por certo que este alianza entre Microsoft e Vodafone estase a materializar unicamente en España e Alemaña, malia que estea prevista a ampliación do eido de actividade conxunta. O obxectivo deste traballo ombro con ombro é colaborar no despregue dos servizos da nube, integrando as aplicacións en liña de colaboración e mensaxeiría de Microsoft cos servizos de telecomunicacións de Vodafone. A xuízo destas empresas, o desenvolvemento de solucións cloud será un dos principais motores para o medre do sector TIC nos vindeiros anos. Estes servizos permiten entre outras cousas que as empresas apoien en escenarios externos algúns dos seus procesos, escenarios que están vivos na Rede. Entre estes procesos inclúense os seus sistemas de información, incluíndo a capacidade do labor en si mesmo e do seu almacenamento. “Deste xeito”, engaden, “os usuarios dunha empresa ou organismo público poden acceder e empregar dende o PC ou o teléfono móbil as aplicacións máis avanzadas e, ao mesmo tempo, as empresas ou administracións benefícianse de reducións moi significativas”.
O emprazamento foi inaugurado polo conselleiro andaluz de Económica, Antonio Ávila, o director xeral de Red.es, Sebastián Muriel, a presidenta de Microsoft, María Garaña, o presidente de Vodafone España, Francisco Román e o presidente de Eticom, Adolfo Borrero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?