A facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, na arela de converterse nun exemplo a seguir á hora de darlle novos usos á Rede e nun referente no emprego de ferramentas de comunicación sincrónica entre o profesorado, vén de estrear o seu propio campus virtual en Second Life, onde profesores e alumnos poderán poñerse en contacto para participar en liña e en tempo real en distintos eventos e actividades.
Este campus virtual dispón de aularios para a celebración de sesións formativas así como de salas de reunións para titorías e incluso un auditorio para a celebración de conferencias e outros actos públicos con capacidade para máis de 60 persoas.
Porén, esta instalación conta con pantallas de navegación compartida que lle permiten a profesores e alumnos acceder a contidos dos departamentos da facultade publicados nos seus respectivos portais web, así como unha colección de recursos útiles como o acceso á biblioteca da Universidade desde o propio contorno 3D, vídeos, presentacións en Flash, taboleiro de anuncios, grupo de interese en SL…
En definitiva, os alumnos e alumnas que na actualidade estudan nesta facultade, terán a oportunidade de facelo, se o desexan, comodamente dende os seus fogares, sen perder ningún tipo de detalle e asistinto virtualmente a todo tipo de eventos e actividades.
A facultade de Educación da UDC estrea campus virtual en Second Life
Compartir Este Artigo

