Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo premia con portátiles os mellores expedientes de novo ingreso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo premia con portátiles os mellores expedientes de novo ingreso

Raquel Noya
Publicado: 12/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

barcia.jpgA Universidade de Vigo, que nos últimos tempos leva traballando a reo para extender o uso das TIC en tódolos ámbitos da entidade facilitando este tipo de ferramentas en cada eido do ensino, vén de anunciar que, no marco dos seus premios á Excelencia Académica, distinguirá aos 50 estudantes de novo ingreso con mellor expediente académico no Bacharelato con cadanseu ordenador portátil, buscando así “recoñecer a excelencia académica dende o primeiro intre”. O vicerrector de Alumnado, Docencia e Calidade, Ignacio Barcia (na imaxe) asegura que esta acción tén como obxectivo “recoñecer aos estudantes que se esforzaron especialmente para chegar aquí”. Esta iniciativa enmárcase dentro das diversas actividades de difusión da excelencia académica e investigadora da Universidade de Vigo que, desta volta, quere recoñecer o traballo desenvolvido polos estudantes que son beneficiarios do premio de excelencia académica da Xunta de Galicia, por aqueles que gañen olimpíadas científicas e polos que teñan unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8.5.
As axudas, ás que se poderá acceder a partir do vindeiro día 13 de setembro, están destinadas ao alumnado que se matricule por primeira vez en calquera das titulacións da Universidade. 30 dos premios irán destinados para aqueles que sexan seleccionados pola Xunta de Galicia co seu premio de excelencia; 10 serán para os gañadores (1º, 2º ou 3º) nas diferentes olimpíadas científicas que tiveron lugar ao longo do curso e, finalmente, outros 10 serán para os estudantes que acrediten unha puntuación igual ou superior ao 8.5 no expediente do bacharelato.
Xa que a acción vai destinada a distinguir a excelencia dos alumnos de novo ingreso, as persoas solicitantes deberán estar matriculadas na institución académica no curso 2010-2011 e ter finalizado os seus estudos de bacharelato no curso 2009-2010.
As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral da Universidade ou nos rexistros auxiliares dos campus, e a Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade será a encargada da valoración dos candidatos e a adxudicación dos premios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?