Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft e Vodafone encabezan os estudos sobre as mellores empresas para traballar no Estado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft e Vodafone encabezan os estudos sobre as mellores empresas para traballar no Estado

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone.jpgNon deixa de ser curioso cómo dependendo de quen faga un estudo empresarial e de quen participe nel, os resultados varíen ata achegar panoramas diferentes sobre unha realidade que, no plano teórico, debera ser única. Isto vén a conto polo que choca un estudo de Merco Persoas sobre as melloras empresas para traballar no Estado español cos datos equivalentes que ofrece Great Place to Work sobre os sitios onde sobre o papel máis estariamos obrigados a botar bombas se finalmente nos contratasen. Pois ben, se no segundo son Vodafone, Louis Vuitton, Cisco, Softonic e Bain & Company quen se leva a palma (por categorías), na primeira das investigacións (acabada de saír do forno), son Microsoft, La Caixa e Santander as que se impoñen.
A situación achegada desta maneira dupla, que repetimos non deixa de ser curiosa, coincide malia todo nun punto a salientar, tal e como se reflicte en Galicia Hoxe: en ter situado no primeiro posto de ámbolos dous rankings unha empresa do sector das novas comunicacións.
Como particularidade a engadir ás xa devanditas, cómpre sinalar que a presenza de empresas galegas é moito máis significativa nas listaxes de Great Place to Work, nas que cómpre subliñar a boa situación de Caixanova, R e Grupo Visual MS (que apareceu o ano pasado como primeira da súa modalidade).
Volvendo á sobrepresenza en ámbalas dúas listaxes de empresas TIC, é preciso salientar a boa posición de Google no estudo de Merco Persoas (ausentándose por completo das clasificación se Great Place), amais da de Telefónica (no posto 8) ou a de IBM (no 17). Polo que respecta a Apple, fixo unha das entradas máis espectaculares na clasificación de Merco Persoas, ao rubir ata o posto 34 logo de anos de non ter figurado de ningunha maneira no top 100.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?