O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, vén de participar na presentación do informe elaborador pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) sobre o Plan Avanza e o desenvolvemento da Sociedade da Información en España xunto co director para a Administración Pública e o Desenvolvemento Territorial da OCDE, Rolf Alter.
O informe, titulado Buena Gobernanza en las Políticas Digitales: Cómo Maximizar el Potencial de las TIC. El Caso del Plan Avanza en España, fai unha análise en profundidade dos mecanismos de xestión levados a cabo para a execución desta políticia tecnolóxica de ámbito nacional que lidera a Secretaría de Estado das Telecomunicacións e para a Sociedade da Información.
Entre as cuestións que se abordan no informe destacan, o papel das TIC como axente para sair da crise, a análise do nivel de desenvolvemento da Sociedade da Información en España en comparación con outros países, os logros do Plan Avanza con respecto ao despegue de infraestruturas TIC e a optimización dos recursos para lograr maiores resultados cos programas.
Asemade, o informe identifica as liñas de acción ás que dirixir os esforzos futuros para que España siga a converxer cos países da UE e da OCDE, e incluso se posicione entre os líderes nalgunhas das áreas como o acceso ou uso das TIC, o crecemento do sector TIC e o desenvolvemento dos servizos da administración electrónica.
Presentado o informe da OCDE sobre o Plan Avanza
Compartir Este Artigo

