Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica incorpora o galego en máis de medio cento de móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica incorpora o galego en máis de medio cento de móbiles

Raquel Noya
Publicado: 02/06/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobiles_telefonica.jpgPaseniño (moito máis do que nos gustaría), as operadoras incorpóranse á arela de integrar o galego nas novas tecnoloxías. Fano en parte traballando no desenvolvemento de móbiles con menús na nosa lingua para satisfacción das persoas que, dende hai anos, veñen reclamando a incorporación da mesma aos aparellos e ferramentas tecnolóxicas que empregan no seu día a día.
A compañía galega de telefonía, R, xa presentou no pasado mes de maio, varios modelos de móbiles en galego e agora é Telefónica a firma que se une a esta iniciativa estreando ata un medio cento de modelos de móbiles cos menús totalmente en galego.
Segundo as verbas dos seus responsables, “trátase dunha cifra simbólica nun proceso que arrancou hai máis de ano e medio”, cando a compañía comezou a comercializar terminais cos seus menús en galego e que abrangue as marcas máis demandadas polos usuarios.
Ducias de terminais de Nokia, Motorola, Sony Ericsson, Samsung ou LG forman parte xa deste catálogo que ofrece Telefónica con toda a súa información en galego, algúns dos cales ofrecen asemade un dicionario preditivo de grande utilidade para o envío de mensaxes.
O obxectivo estratéxico de Telefónica é conseguir que en 2009 “tódolos fabricantes incorporen menús en galego en tódolos medios comercializados pola súa compañía”, como fai neste momento Alcatel. O grao de cumprimento deste obxectivo dependerá en boa medida do grao de desenvolvemento das plataformas dos fabricantes e das memorias dos móbiles posto que a inclusión de calquera lingua adicional supón incorporar miles de rexistros novos.
Seguindo a liña de actuación de R, Telefónica tamén permite na actualidade que tódolos seus clientes, tanto de telefonía fixa como de móbil, poidan recibir as súas facturas e mesmo a súa publicidade en galego así como ser atendidos nesta lingua polos operadores dos servizos de atención ó cliente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?