As famosas vuvuzelas sudafricanas, esas que tanto furaron nos oídos dos seareiros que se achegaron ó continente veciño para animar ás súas seleccións, non foron as únicas cousas que nos amolaron durante a celebración da Copa do Mundo de fútbol xa que, como era de agardar, os spammers e phishers que aproveitan todo tipo de eventos para facer das súas na Rede, non perderon a ocasión para enviar malware con palabras clave da Copa e facer así o seu particular San Martiño.
Segundo o informe de Symantec sobre o estado dos correos lixo durante o pasado mes de xuño, o volumen de e-mails con palabras clave do Mundial 2010 na liña de asunto “foi máis de nove veces máis alto durante este torneo en comparación co rexistrado en 2006”.
A pregunta que se fan os responsables do informe é, “están os spammers tratando de compensar a perda das redes zombi debido a varias accións legais?”; a resposta segundo o informe é si, posto que xuño de 2010 “foi definitivamente un mes de spam acompañado de malware”.
En 2010, Symantec non observara niveis de malware por enriba do 3 por cento de todo o spam, incluso nos días “punta” de spam malware. Porén, en xuño o spam malware representou, segundo os responsables do artigo, “preto do 12 por cento de todo o spam de xuño”.
En xeral, segundo apuntan, “o spam representou o 88,32 por cento de todas as mensaxes en xuño, comparado co 89,81 de maio”. Asemade, engaden, “as actividades de phishing medraron en torno a un 25 por cento este mes”.
O Mundial incrementou o fluxo de spam e malware en xuño
Compartir Este Artigo

