Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A FACE e Santiveri desenvolven un trebello portátil para identificar produtos con glute
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A FACE e Santiveri desenvolven un trebello portátil para identificar produtos con glute

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lector-codigo-de-barras.jpgEntre as persoas que se ven sometidas a máis inxustizas dentro do mercado alimentario atópanse sen dúbida as persoas celíacas. Non só porque a oferta de produtos sen glute é limitada e excesivamente cara (os produtos sen glute triplican ou cuadriplican o prezo dun produto normal), senón tamén (e sobre todo) porque en moitas ocasións non hai maneira posible de saber se o que se ten diante inclúe o dito compoñente ou non. A este respecto e malia que non van implicar a solución definitiva a estes problemas, semella que como acontece con outros colectivos de doentes as novas tecnoloxías poden botar unha man… ou máis propiamente un gadget. Segundo conta estes días Galixa Hoxe, esa é a liña do proxecto Código EAN, unha iniciativa desenvolvida pola empresa Santiveri en colaboración coa FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España) para pór en marcha un trebello que axude ás persoas que non poden inxerir glute a identificar os produtos ceibes desta glucoproteína (presente nas sementes de moitos cereais) de xeito “rápido e sinxelo”.
O dispositivo en cuestión, que non será máis grande ca o mando de apertura da porta dun garaxe, incluirá memoria dixital e capacidade de lectura de códigos de barras. A primeira serviralle para amorear os datos sobre os produtos certificados como aptos para celíacos (datos actualizados cada pouco pola Federación) e a segunda para comparar a comida que se ten diante coa listaxe almacenada. Deste xeito, será posible saber de xeito inmediato se o que temos diante inclúe glute ou non. O sistema, que en boa medida se basea nos que se empregan nas grandes empresas de alimentos para ter control sobre os seus fondos, virá moi posiblemente cun prezo de arredor de 100 euros, estando prevista a súa comercialización (polo menos nun primeiro intre) a través da páxina da Federación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?