Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo pon de manifesto o escaso uso que se lle dá ás TIC no ensino galego non universitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo pon de manifesto o escaso uso que se lle dá ás TIC no ensino galego non universitario

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galorde.jpgFálase moito da necesidade de afianzar a todos os niveis as novas tecnoloxías pero se cadra damos por sentados de máis certas boas disposicións con respecto á acollida que se lle dan a estas tecnoloxías. Ou sexa, sabemos que as TIC achegan vantaxes para a comunicación e a formación, aínda que tamén algún que outro atranco, pero estamos dispostos a asumilas? Segundo un novo estudo presentado no seo da Universidade da Vigo, unha cousa é o que pensemos destas ferramentas e outra o nivel de uso que lles deamos. O resultado é un claro desfase na súa aplicación práctica no eido docente con respecto ao nivel teórico, máis polo miúdo unha situación de escaso uso da informática no ámbito educacional non universitario. Esta é unha das grandes conclusións da tese de doutoramento do profesor Luís Vilán, “un detallado estudo da integración real da informática no sistema educativo non universitario de Galicia”, sinálase na web da Universidade de Vigo.
A investigación, que abrangue a situación tecnolóxico-formativa comprendida entre 2001 e 2008, achega unha serie de probas sobre cómo o emprego das TIC está suxeito á idade dos mestres. Deste xeito, os docentes con menor idade teñen meirande capacidade de manobra sobre os elementos da Sociedade do Coñecemento, non así os de maior idade. A nivel de ferramentas, Internet e todo que esta plataforma implica segue a ser o máis usado. Tamén os procesadores de texto e as presentacións. Vilán, que é profesor de Informática no IES de Teis, tamén sinala o relativo uso que se lle deu a outras opcións que xurdiron ao abeiro dos primeiros pasos da Rede, como as Web Quest, Hot Potatoes e Clic, ferramentas empregadas principalmente polos mestres de Infantil e Primaria. Non se pode dicir o mesmo das canles e recursos espallados pola Web 2.0, a web social que require a participación directa do internauta para o seu impulso, canles e recursos como blogs, wikis e podcasts que aínda non entraron con paso firme no eido docente da nosa terra, sendo a súa presenza neste ámbito “aínda minoritaria”. Algo máis avanzado semella ser o afianzamento do taboleiro dixital, subliña. O que si se ten constatado é que na Formación Profesional hai máis nivel de uso de todas estas canles dixitais ca entre os docentes das etapas de Infantil, Primeira, ESO e Bacharelato.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?