Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Clientes de Toshiba acusan á empresa de non respectar os termos da promoción da Mundial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Clientes de Toshiba acusan á empresa de non respectar os termos da promoción da Mundial

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

toshiba_mundial_publicidade.jpgEn cuestión de promocións das empresas, sexan do sector ou do tamaño que sexan, é mellor sempre actuar con precaución. Se che ofrecen cousas, así como boas de máis para ser certas, cómpre encaixalo cun aquel de espírito crítico, doutra maneira é ben posible que a caída sexa máis dura se o noso entusiasmo nos leva moi arriba. Esta lea vén a conto porque, como recordaremos, unha boa cantidade de compañías apuntouse durante o Mundial (e se cadra levadas pola cegueira vermella e amarela, moi mala de quitar de enriba) a anunciar todo tipo de agasallos e devolucións de diñeiro se ao final a selección española acadaba o meirande trunfo. Ben, pois se cadra entre as que contaban que a selección non ía gañar nada atopábase Toshiba, a xulgar pola vaga de críticas que lle está a caer dos seus clientes e logo de establecer certas excepcións á hora de devolver o custe íntegro de televisores e portátiles mercados durante eses días. Como era de agardar, semella que houbo algo de truco e, polo tanto, excepción.
Deste xeito, a multinacional négase a reintegrar o prezo dos ditos aparellos a todas aquelas persoas que non se rexistraran na súa web. En opinión dos clientes que non caeron na conta deste requirimento (ou que non foron informados debidamente, cousa máis que probable), estamos perante un claro exemplo de publicidade enganosa. Así dicía a dita promoción, que por certo tivo a súa réplica noutros países como Portugal ou Alemaña: “Merca un novo portátil Toshiba coo novo procesador Intel Core i5 do 2010 ou un televisor Toshiba, e se España gaña a final devolverémoste todos os teus cartos”. Polo que contan os clientes máis críticos, na mensaxe lanzada pola multinacional non se di nada de rexistrarse na web da empresa. En opinión da firma, todo estaba claro, a propia oferta e os xeitos de participar nela, a través dunha web específica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?