Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace un servizo galego para xerar e compartir mapas en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace un servizo galego para xerar e compartir mapas en liña

Raquel Noya
Publicado: 12/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ikimap.jpgA utilidade das redes sociais, cuestionada por unha parte considerable da poboación internauta do noso país que as ve tan só como unha ferramenta para atopar antigos amigos e manter o contacto con eles en liña, vai pasar a ter outra valoración máis positiva cando a xente coñeza o traballo da empresa galega SIXTEMA. Esta entidade, con sede en Santiago de Compostela que foi cualificada como I.E.B.T. pola Xunta no ano 2005, está a desenvolver unha rede social para compartir cartografía, que só no seu primeiro mes de funcionamento congregou a máis de 400 usuarios. ikiMap, que así se chama a ferramenta, achega como novidade a posibilidade de crear os mapas que se desexen coa información dispoñible, o que resulta de grande utilidade para todos os afeccionados e profesionais da cartografía e para calquera usuario en xeral. A aplicación, que se pode usar libremente previo rexistro de balde na web, é sinxela e doada de manexar e dela fixéronse eco diversos boletíns especializados en software e servizo web, como genbeta.com, que destaca ikiMap como unha “idea xenial” e un “servizo moi completo que permite compartir información relevante que pode visualizarse nunhas coordenadas xeográficas, é dicir, desenvolver máis alá do simple mapa que ofrece Google Maps, achegar valor e colaborar conxuntamente na nube para facer evolucionar o servizo”.
Igual que se se tratara dunha rede social tradicional como pode ser Facebook ou Tuenti, a ikiMap permite deixar comentarios, puntuar os mapas e mesmo descargalos ou compartilos con outros usuarios da Rede.
Segundo destacan os seus promotores, as posibilidades de ikiMap “son moi grandes e abertas”, e dado o carácter social do proxecto, son os propios usuarios os que definen o seu rumbo.
Porén a principal utilidade desta aplicación consiste en que ás ferramentas existentes pódenselle ir incorporando outras novas que permitan mellorar as funcionalidades da rede social e proporcionarlle aos usuarios máis experimentados unha boa plataforma para a xestión e publicación de cartografía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?