Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo promove a reciclaxe de móbiles para salvar a selva africana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo promove a reciclaxe de móbiles para salvar a selva africana

Raquel Noya
Publicado: 16/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

omamobil.jpgSe onte abrimos a que podería ser a sección de medio ambiente desta web coa nova de que xa ascenden a 5.000 millóns as persoas aboadas a algún número de teléfono móbil no mundo (o que supón que hai que multiplicar esta cifra por cinco ou seis para contabilizar os dispositivos reais que hai espallados por toda a xeografía), hoxe completamos esta información con detalles moito máis alentadores para o medio ambiente xa que moitos destes terminais poderán ser reciclados grazas a unha iniciativa xestada dende a Universidade de Vigo.
E é que a Oficina de Medio Ambiente desta entidade académica, en colaboración con Caixa Galicia e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) veñen de presentar a campaña 1000 móbiles pola selva, promovida polo Instituto Jane Goodall, que se desenvolveu durante a pasada semana ao abeiro do festival Vigo Transforma e que continuará ao longo desta semana para acadar a cifra proposta. O obxectivo desta iniciativa é recadar 1000 móbiles para a súa reciclaxe e conseguir fondos para financiar programas de conservación da selva da República Democrática do Congo. A campaña, xa que logo, porá a disposición dos interesados tres puntos de recollida dos terminais situados no centro comercial A Laxe, El Corte Inglés e a Lonxa do Concello.
As entidades responsables da iniciativa, sabedoras de que moitos dos teléfonos móbiles en perfecto estado son substituídos sen reparo en canto aparecen terminais máis modernos, veñen de atoparlle unha nova utilidade aos mesmos e con este proxecto recadaran 1000 móbiles para a súa reciclaxe e reutilización, reducindo así a crecente demanda dos seus compoñentes para a industria electrónica.
A campaña 1000 móbiles pola selva permite reciclar as partes útiles dos teléfonos recollidos cun tratamento axeitado para aqueles compoñentes tóxicos e contaminantes, ao tempo que se recadan fondos para programas de conservación levados a cabo na República Democrática do Congo polo Instituto Jane Goodall. Ademais, a recadación tamén se destina á colaboración en campañas de educación, plantacións, proxectos de desenvolvemento sostible e o mantemento do Centro de rescate de chimpancés de Tchimpounga.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?