Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ecolec organiza unha feira de videxogos solidaria en Alacante
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ecolec organiza unha feira de videxogos solidaria en Alacante

Raquel Noya
Publicado: 16/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

games-convention-leipzig-cerrada.jpgA Fundación Ecolec, unha entidade sen ánimo de lucro dedicada a xestionar a recollida, tratamento, valorización e eliminación de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (un labor tan útil como necesario dados os tempos que corren), vén de anunciar que patrocinará a Feria de Videojuegos Ciudad de Alicante que terá lugar o vindeiro fin de semana (do venres 23 ao domingo 25 de xullo) de maneira ininterrompida na cidade valenciana.
Nesta feira, que forma parte do Proxecto Xogando con Tecnoloxía, desenvolverase o Open de España de Videoxogos deportivos e a ela poderá asistir de balde calquera persoa interesada neste tema.
Ecolec pretende, con esta feira, transmitirlle ao público novo e ás súas familias a necesidade de reciclar os aparatos eléctricos e electrónicos cando deveñen en residuo, así como a maneira de facelo a través dos puntos limpos ou nos mesmos comercios ao adquirir un aparato das mesmas funcións.
Cando xa non che sirvan recicla levándoos a un punto limpo vai ser a mensaxe que durante esta iniciativa lanzará a Fundación Ecolec, polo que todas as persoas asistentes, segundo a organización, “saberán da necesidade de reciclar todo tipo de aparellos eléctricos e electrónicos”.
Para isto, na mesma feira haberá dispoñibles unha serie de puntos de reciclaxe onde as persoas interesadas poderán deixar os seus dispositivos para ser reutilizados nun futuro e faranse entrega, dende o stand de Ecolec, de folletos informativos sobre este tipo de residuos.
O fin último e máis importante deste proxecto solidario será, ademais de concienciar á cidadanía co coidado do medio ambiente, donar videoconsolas e xogos educativos ós hospitais para que os máis cativos, segundo aseguran, “teñan outras posibilidades de ocio durante a súa convalecencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?