Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 20 compañías do eido TIC galego reciben importantes pulos internacionais ao seu bo labor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

20 compañías do eido TIC galego reciben importantes pulos internacionais ao seu bo labor

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/07/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ineo_entrega_certificacions.jpgO auditorio da Zona Franca de Bouzas (Vigo) acolleu os días pasados a entrega dunha serie de recoñecementos ao traballo ben feito en diversas materias vinculadas á xestión empresarial e á innovación dentro do sector das novas tecnoloxías. Máis polo miúdo, o acto consistiu na achega de certificados de ISO 20000 e ISO 27001 ligados a sistemas de seguridade nos datos a un total de 20 empresas, practicamente todas ligadas a Ineo, entidade galega que reúne a máis de 80 firmas do noso tecido tecnolóxico-dixital. A cita, que constitúe o cumio dun proxecto estatal para favorecer a implantación de avais de calidade que foi coordinado por Ineo, contou coa presenza de Jorge Cebreiros Arce, director desta entidade, e máis dos representantes en Galicia de EQA, DNV e AENOR, que fixeron entrega de certificados ISO 20000 e ISO 27001 ás empresas que mellor optimizaron os seus sistemas de seguridade da información nos últimos anos. O grupo das que recibiron o segundo dos recoñecementos está constituída polas seguintes: Ultreia, Artemis, AVA, Infojoc, Avanzas, Megasyc, Nextvision, Pexego e SIGA 98. Polo que respecta ás que veñen de estrear o ISO 20000, estariamos a falar de Alnitak, Elaboro, AFI, Bahía Software, Balidea, Bonaval, Ednon, Level Telecom, Opensoft, Quobis e Ultreia.
Segundo reflicte na súa web a propia asociación Ineo nun completo artigo sobre estes logros e as vantaxes que achegan no mercado, o acto de entrega de avais dos pasados días constitúe un claro sinal de que o noso sector TIC vai polo bo camiño. Así o fixo saber o presidente de Ineo, Jorge Cebreiros, dende a Zona Franca de Vigo: “Para nós é unha satisfacción comprobar como o proxecto que coordinamos desde hai anos segue cumprindo co fin de fomentar a implantación de sistemas de calidade en empresas galegas do sector TIC. As certificacións entregadas son unha xusta recompensa ó grandísimo esforzo realizado por estas organizacións para aplicar os estándares de calidade recollidos nestas normas e por avanzar cara ó obxectivo común: que o sector TIC de Galicia sexa recoñecido pola súa Excelencia Empresarial”.
Os eidos de actividade das compañías de Ineo, malia apoiarse nunha base común (o coñecemento dixital), son de abondo variados: hardware (fabricación de equipamentos), software (deseño e posta en marcha de programas), redes, telecomunicacións, Internet, contidos, formación ou servizos de consultoría.
Cómpre lembrar que estes recoñecementos de calidade esixen un elevado número de requirimentos, que unicamente son quen de acadar un reducido número de firmas. O Certificado ISO 20000 é unha norma que describe un conxunto integrado de procesos e un enfoque de xestión para a provisión efectiva de servizos de TI a clientes internos ou externos; mentres que a ISO 27001 é unha norma que deseña un modelo para o establecemento, implementación e mellora dun Sistema de Xestión de Seguridade da Información en calquera tipo de organización.
A European Quality Assurance (EQA), a encargada de certificar a actividade destas empresas, é unha entidade de Certificación de Sistemas de Xestión, Verificación Medioambiental, Marcado CE (Directiva de produtos da construción) e Proxectos e Xestión de I+D+i, fundada en Gran Bretaña no 1993.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?