Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aprobada a Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2 do Goberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aprobada a Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2 do Goberno

Raquel Noya
Publicado: 19/07/2010
1 Min de Lectura
Compartir
1 Min de Lectura

planavanza476_0.jpgTomando como punto de partida o Plan Avanza, aprobado no 2005 para tentar recuperar o “retraso de España respecto da Unión Europea” en materia de cobertura e conectividade, o Consello de Ministros vén de aprobar a Estratexia 2011-2015, do Plan Avanza2, que ten como principal obxectivo “situar o noso país nunha posición priviliexiada no desenvolvemento e uso de produtos e servizos TIC avanzados”.
Esta segunda fase dalle continuidade ao Plan Avanza, ao incorporar as actuacións en execución e ao actualizar os seus obxectivos iniciais para axeitalos aos novos retos da Sociedade en Rede.
É dicir, se co Plan Avanza se conseguiu, entre outras cousas, a aceptación xeralizada das TIC e a cobertura global deste tipo de servizos, o obxectivo agora é seguir avanzando cara unha “Sociedade do Coñecemento”, comezando unha nova etapa con novas prioridades.
Xa que logo, unha das principais contribucións do Plan Avanza2 vai ser axudar a que se produza o cambio de modelo económico do noso país, consolidando un modelo de crecemento económico sostible.
Para isto, a Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2 vai centrar os seus esforzos na consecuención de dez obxectivos ben definidos:
-Promover procesos innovadores TIC nas Administracións Públicas.
-Extender as TIC na sanidade e o benestar social.
-Potenciar a aplicación das TIC ao sistema educativo e formativo.
-Mellorar a capaciade e a extensión das redes de telecomunicacións.
-Extender a cultura da seguridade entre a cidadanía e as empresas.
-Incrementar o uso avanzado de servizos dixitais pola cidadanía.
-Extender o uso de solucións TIC de negocio na empresa.
-Desenvolver as capacidades tecnolóxicas do sector TIC.
-Fortalecer o sector de contidos dixitais.
-Desenvolver as TIC verdes.
Obxectivos todos eles que se acadarán, segundo informan dende o Executivo, mediante “catro grandes accións” que van dende o desenvolvemento de edificios intelixentes para conseguir aforros na Administración, ata a consecución dunha Administración “sen papeis” no 2015.
Asemade, esta nova fase do Plan Avanza2 identifica un conxunto de reformas normativas, necesarias, segundo informan, “tanto para eliminar as barreiras existentes á expansión e uso das TIC como para garantir os dereitos dos cidadáns na Sociedade da Información”.
No que se refire ao modelo de execución para a posta en marcha destas medidas, mantense o modelo de colaboración con todos os niveis da Administración Pública, en especial coas Comunidades Autónomas e as entidades locais, así como coas entidades sen ánimo de lucro e as empresas privadas, iniciado polo Plan Avanza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?