A Fundación ONCE, en colaboración con Microsoft Ibérica, Coca Cola Iberia e o prestixioso restaurante El Bulli, veñen de unir forzas en prol dunha boa causa: concienciar á sociedade da necesidade de apoiar ás persoas con algún tipo de discapacidade, para insertalas no mundo laboral coas mellores garantías e asegurar así a súa inclusión social plena; e fano a partir do Programa Con Talento, unha iniciativa xestionada por FSC Inserta, que pretende incrementar a empleabilidade e a inclusión laboral dos colectivos máis desfavorecidos do noso país.
No marco deste proxecto, as firmas enumeradas van presentar, o vindeiro luns 26 de xullo, os resultados da campaña Capacitados, nun acto ao que asistirán, entre outros, o presidente da ONCE e da súa Fundación, Miguel Carballeda e o do CERMI, Luis Cayo Pérez Bueno.
Durante o evento, os responsables da iniciativa van proxectar o documental creado para a ocasión, Capacitados, no que o recoñecido cociñeiro Ferran Adriá, así como os presidentes de Coca Cola Iberia e Microsoft Ibérica, métense na pel de sendas persoas xorda, cega e parapléxica durante unha xornada laboral mostrando a dura realidade diaria das persoas que teñen o mesmo problema.
A continuación, e no marco da mesma iniciativa, emitiranse as testemuñas de destacados líderes de opinión acerca do documental e da propia actividade solidaria.
Audiovisual solidario para mellorar a inserción laboral das persoas con discapacidade
Compartir Este Artigo

